"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
PROXECTO: O NOSO ENTROIDO
Dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega planificouse un proxecto para todo o alumnado do centro sobre unha das festividades máis importantes da nosa comunidade: O Entroido. Basándonos no conto de Ramón D. Veiga titulado É tempo de Entroido, da editorial Xerais.
Dende as diferentes titorías e materias, estivemos a facer investigacións sobre as tradicións típicas de cada zona nesta época de troula e diversión.
A cada ciclo tocoulle un diferente:
Educación Infantil: Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón)
1º e 2º de Primaria: Os Cigarróns (Verín)
3º e 4º de Primaria: Os Boteiros (Viana do Bolo)
5º e 6º de Primaria: Os Volantes (Chantada)
Logo de realizar as investigacións, pescudando en Internet, visualizando vídeos, lendo libros da nosa biblio... Cada aula realizou o produto final do proxecto para colocar nun mural colaborativo que xa adorna parte dos nosos corredores.
Quedou espectacular! Empregamos diferentes técnicas para decorar as diversas máscaras e traxes (plastilina, algodón, cartón, legumes, papel...).
Ademais de coñecer múltiples conceptos, con esta actividade, dímonos conta da gran riqueza inmaterial que ten o lugar no que vivimos. Quedan aínda moitas outras tradicións por descubrir no Entroido do próximo curso.