DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

Copia - ROSALIA DE CASTRO

Ilustración de @lilabi

 

Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

                                                                         Negra Sombra, Rosalía de Castro (1837-1885)

 

Se clicades na ilustración da escritora accederedes á web da súa fundación, na que atoparás moita información sobre ela e a súa obra. Ata poderedes realizar unha visita virtual a súa casa! 

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento da escritora, poeta e referente da cultura galega e, debido a súa relevancia na historia de Galicia e a vinculación directa co noso cole, levamos a cabo diferentes actividades para celebrar este día tan especial e poñer en valor a importancia da súa figura e da súa loita a prol da nosa lingua. 

Durante os días previos, estivemos a traballar a súa vida e a súa obra a través de vídeos, cancións e xogos...

Empregamos o seguinte vídeo de Os Bolechas para coñecer unha das súas obras máis importantes: Cantares Gallegos.

 

Practicamos todo o aprendido nun xogo interactivo realizado na aplicación Genially.

     

 

Ademais, dende a materia de Música aprendimos a canción de Migallas basada no poema de Rosalía titulado "Eu ben vin estar o moucho". Mirade que ben nos saíu!! Esperamos que vos guste.

 

 RUMBA

O alumnado de 5º e 6º contoulles aos seus compañeirxs na hora de ler do venres o conto Rosalía de Castro de Alba De Evan e Xabier Domínguez, con ilustracións de Bea Gregores da Editorial Edicións Cumio. Unha obra que resume a vida da poetisa a través de biopoemas, é dicir, unha vida feita poemas. 

ROSALÍA DE CASTRO (MIUDIÑOS) | ALBA DE EVAN | Casa del Libro

 

 

Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de primaria decorou o "taboleiro das conmemoración" cun mural representativo da obra desta autor galega, con fotografías dos seus libros e, con versos dos seus poemas.

 

Por último, dende a materia de Art elaboramos, entre o alumnado de Infantil e Primaria, un cadro de estilo Pop Art, tomando como referencia os do famoso Andy Warhol, artista cun papel fundamental no nacemento e desenvolvemento deste movemento artístico. 

 

     

   

 

Os mestrxs preparámoslle unha sorpresiña ao noso alumnado. Decoramos os chanzos das nosas escaleiras de entrada con 16 versos do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. Mirade que bonitas quedaron.

 

 

 

 Grazas polas túas verbas, pola túa loita e polo teu legado infinito Rosalía!