Skip to Content

EXCURSIÓN Á CORUÑA!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE MARZO

       Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de marzo.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINTIVIA DE ADMITIDOS: ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de infantil,e ducación primaria, educación secundaria obrigatoira e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos do procedemento ED550A, ED550B, ED550C)

CÓMO PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando aquí os documentos.

 

 

ENTROIDO 2023 - O CIRCO -

ENTROIDO 2023 NO CEIP DE RIOTORTO "O CIRCO" - YouTube

 

MAXIA, LEDICIA, ESPECTÁCULO, ILUSIÓN, DIVERSIÓN...

Todo isto define o noso GRAN CIRCO!! Pero tamén o día a día no noso cole!

Grazas a todos por axudarnos a facer maxia en Riotorto, por acompañarnos neste día cheo de sorrisos e ilusión!

Grazas aos nosos profes por convertir o cole nun gran espectáculo cargadiño de ledicia! 

Grazas ás nosas nenas e nenos,a nosa peza fundamental, por ser sempre exemplo de aprendizaxe e diversión!

 

CINE POLA PAZ

"Mercamos" a nosa entrada con 5 tapóns (que se recollerán para ASPNAIS) e emocionámonos coa visualización de "WONDER".

 

 

 

MENÚ ESCOLAR DO MES DE FEBREIRO

       Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de febreiro.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-2023

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2023/2024

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Enrique Muruais (A Pontenova).

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      
  • SOLICITUDE PRESENCIAL presentando o ANEXO I cuberto na Secretaría do centro. 

 INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

MENÚ ESCOLAR DO MES DE XANEIRO

       Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xaneiro.

 

ASÍ FOI O NOSO MÁXICO NADAL 2022

Premede no enlace para descubrir o noso máxico Nadal:

(3) NADAL RIOTORTO 2022 - YouTube

 

Distribuir contido


by Dr. Radut