Este ano tocou conmemorar o día das letras galegas dende o confinamento.
Os alumnos e alumnas de 6º de E.P. guiados pola súa titora Silvina, fixeron un fermoso traballo coas achegas que nenos e nenas a petición da mestra foron entregando.
Este ano para a conmemoración do día das letras galegas, todos os nenos e nenas acompañados das mestras e mestre do colexio fixemos un precioso mural, logo de escoitar a vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, escritor galego ao que se lle dedicou este fermoso día.
A continuación podedes visualizar o ben que o pasamos ese fermoso día.
Este ano, igual que o curso pasado, todos os nenos e nenas participamos no concurso que organizou a asociación Avelino Díaz, xunto cos concello de Meira e Riotorto.
Lembrar, que o curso anterior, a nosa compañeira Mara, que agora está en 6º de E.P. recibiría o primeiro premio coa súa poesía.