Un pequeno coñecido meu chegou ó cole e de seguida se fixo amigo dos neniños. É normal, este instrumentiño de corda é moi agradecido e fácil de tocar. Tanto lle gustou isto que agora non quere marchar e di que vai quedar todo o ano.
Estreamos departamento na nosa páxina web a petición do mestre de música (eu). Ao longo do ano tentarei reflexar neste espazo as cousiñas que vaiamos facendo, tanto na aula coma noutros espazos. Un saúdo e ata pronto!