O 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. A continuación poden visualizar un vídeo das actividades feitas neste día tan especial.
XXXIII Encontro Galego-portugués de Educadores/as pola Paz (AGAPPAZ)
A finais do curso pasado, recibimos das mans de Jorge, o director da Pontenova, unha preciosa pomba xunto cun fermoso mural, acompañados de distintas cartas escritas por directores e directoras que coa súa acción continuaron coa encomenda iniciada neste encontro celebrado o 4 de maio no Carballiño.
A encomenda non era outra máis que coidar da pomba e axudala a repor forzas para continuar a súa viaxe por distintos centros educativos, espallando os valores que representa.
Pois ben, a pomba chegou a Riotorto e aquí fixemos a tarefa encomendada.
Para repor forzas, antes de chegar a escola de E.E.I. de Vilalba, fixemos un manifesto, que vos presentamos a continuación, para así, co noso pequeno gran de area, favorezamos a que haxa a Paz no mundo, empezando sempre por favorecer a Paz na nosa propia contorna.
Este para celebrar o día da paz, tódolos nenos e nenas, acompañados dos nosos mestres e mestras cantamos unha bonita canción.
O director do coro, Mikel, o noso mestre de música o que lle estamos moi agradecidos pola actividade, pois,aínda que se escoita algún gallo, estamos moi satisfeitos do traballo realizado e é unha actividade que quedará nas nosas lembranzas para sempre.