Skip to Content

Audición e linguaxe

COMPRENSIÓN LECTORA

Vouvos deixar recursos de comprensión lectora e ireinos subindo de xeito clasificado, segundo o nivel de dificultade. Ireinas actualizando, asique...andade moi atentxs!


COMPRENSIÓN LECTORA DE FRASES

CON APOIO VISUAL

Fichiñas cunha frase e preguntas de mamadeteo con pictos de ARASAAC

ficha 1  ficha 2  ficha 3  ficha 4  ficha 5

- Escoller a frase correcta  de orientación andujar

Colección de fichas

- Power points interactivos  de soy visual

Enlace á páxina para acceder á descarga

- De Aula PT

Escolle só as verdadeiras


COMPRENSIÓN LECTORA POR CURSOS

PÁXINA WEB DO CEIP LORETO

Poderedes atopar tarefas de comprensión lectora divididos en cursos. Déixovos unha foto para que vexades como é. Tan só teriades que pinchar sobre os números e ides facéndoas por orde. A continuación insértovos os enlaces por niveis:


Para 1º e 2º

Para 3º e 4º

Para 5º e 6º








CORTOS E CONTOS EN VÍDEO

Os cortos poden ser o noso aliado estrela para  axudar ao desenvolvemento emocional e a expresión oral. É moi importante que dende idades temperás vaian identificando o que están a sentir e o saiban expresar (tanto emocións coma ideas).

Podemos aproveitar múltiples situacións da vida cotiá para axudarlles aos pequenos a xestionar as súas emocións, unha proba delo é a situación que estamos vivindo... pois moitos sentirán tristeza, incertidume... e o adulto ten que estar aí, apoiando ese sentir e axudándolle a canalizalo.

 

O primeiro que vos deixo é unha adaptación do mostruo de cores ao  COVID-19; axudaravos a falar del e a expresar o que sentides nestas circunstancias. Lanzo preguntas que vos axudarán:

 

Como vos sentides ao non poder saír da casa?

Cales son as partes negativas?

Que partes positivas ten?

Cales son as reaccións a nivel social?

Que podemos facer para estar máis tranquilos?

 

 

Estas son algunhas ideas pero de seguro que os nenos se farán un millón de preguntas, asique xa sabedes... a compartir con eles!

O MONSTRO DE CORES VERSIÓN COVID-19 

 

A PONTE



 

Conta a historia de como catro animaliños resolven un problema para cruzar unha ponte. A solución vai depender da capacidade de chegar a acordos e nela poderemos ver diferentes puntos de vista (egoísmo/ xenerosidade). Nela faise evidente a importancia que ten a cooperación para a resolución de conflictos.



PARCIALMENTE NUBLADO

 

 

Esta curtometraxe trata o tema da amizade e como un traballo en equipo fai que esta sexa sincera e verdadeira. Con esta historia estaremos ensinándolle aos nenos a importancia de querer, respectar e aceptar aos demais tal e como son.

 

O REGALO

 

 



Esta historia invítanos a reflexionar sobre a capacidade de superación, autoaceptación e respecto polos demais. A historia trata a diversidade funcional vista dende a perpectiva dun neno.

 

RATO EN VENDA

 


Con este curto reflexionamos sobre as cualidades propias e alleas e o dano que pode facer non ser aceptados por ser "diferentes". Coa historia reflexionaremos sobre a importancia da empatía e a inclusión a nivel social.

 

 

 

 

 

APP E PÁXINAS INTERESANTES

 


Nesta entrada, poderedes descubrir algunhas app e páxinas web interesantes para traballar diferentes ámbitos da linguaxe.
Todas elas teñen un carácter lúdico, polo que os nenos estrán aprendendo mentres xogan.

PARA A LECTURA 

LEO CON GRIN

Con esta app temos unha cartilla interactiva moi fácil de empregar. Podemos facer o noso propio avatar e avanzar na lectura en forma de xogo (Grin ten que ir pasando as fases, conseguindo froitas para que os seus amigos alien medren).

leo con grin - Aula PT


EL TREN DEL ALFABETO DE LOLA

O obxectivo do xogo é que Lola lles leve regalos aos seus amigos pasando por diferentes niveis ou fases. Para elo, a app ofrécenos diferentes xogos.


El Tren del Alfabeto de Lola - Aplicaciones en Google Play


GALEXIA

Esta app foi creada pensando nos nenos con dislexia pero é útil para primeiros cursos (nos que iniciamos e asentamos a lectura). Comeza coa lectura de sílabas , tanto directas (sa,pa,ma...), inversas (as,am.al...) como lectura de sinfóns (pla,pra,bla...) . Continua con palabras e finalmente textos.
Se a descargades, veredes que está dividida en tres bloques (segundo a idade da nena ou neno).


GALEXIA Mejora Fluidez Lectora - Aplicaciones en Google Play










PARA AUMENTAR OU REPASAR VOCABULARIO


CANLE DE YOUTUBE DE EUGENIA ROMERO (mestra de Audición e Linguaxe)

Enlace para o canle de Eugenia Romero

Poderedes atopar moitos vídeos interesantes para traballar (non só de vocabulario). Déixovos algúns exemplos de campos semánticos co seu correspondete enlace:
Para as profesións ,animaisescola,  medios de transporte ...


PÁXINA WEB DA FUNDACIÓN DA LINGUA ESPAÑOLA

Déixovos unhas adiviñanzas sobre palabras de diversos campos semánticos (alimentos, partes da casa...). Están feitas por nenos e nenas e adoitan triunfar no cole!

As adiviñanzas son un recurso xenial para aumentar vocabulario dun xeito divertido. Animádevos e facede as vosas  :)


PÁXINA WEB APRENDER ESPAÑOL

Podedes atopar moitos campos semánticos. A dináminca é sempre a mesam, ensina unha foto e tes que escoller de que se trata. O exemplo que vos deixo corresponde ao vocabulario da casa:
Pincha aquí

SEÑORA VOCABULARIO

Unha app moi sinxela onde nos paarecen diferentes categorías gramaticais (froitas, cores, medios de transporte...)


Señora vocabulario : aprender palabras en español for Android ...               Señora vocabulario : aprender palabras en español for Android ...


PARA CREAR ORACIÓNS

LA TÓMBOLA DEL LENGUAJE

  Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download    Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download   Tómbola del Lenguaje for Android - APK Download

Como vedes, comporíamos oracións de forma oral.
Na segunda imaxe aparécenvos catro categorías gramaticiais ; cando lanzades o dado, escóllense catro de cada unha de forma aleatoria (serán coas que fagades a oración) que son as que aparecen na terceira imaxe (a nena escribe letras na aula). Como vedes, reponden as preguntas : quen? que fai? onde o fai?.

Ás veces salen unhas burbullas en lugar dunha imaxe, eu o que fago é inventar esa parte. Por exemplo, se en lugar dunha nena me aparece unha burbulla invento o personaxe (o agricultor escribe letras na aula). Como vedes, podemos inventar frases que non teñen moito sentido e iso podemos expresalo (que ía facer un agricultor nunha aula?). Aos nenos e nenas gústanlle que saían este tipo de producións absurdas e sempre aclaramos que o son.


PARA MEMORIA E ATENCIÓN

JUEGO DE MEMORIA VISUAL

Esta é unha app sinxela onde traballamos a atención e memoria visual.

Entrena tu memoria - Sin anuncios - Apps en Google Play   Juego de Memoria Visual for Android - APK Download    Juego de Memoria Visual for Android - APK Download


JUEGO DE MEMORIA DE ANIMALES

Trátase dunha app que nos ofrece memories en diferentes niveis, sempre dentro do campo semántico dos animais.

Juego memoria animales for Android - APK Download


ENCUENTRA LAS 10 DIFERENCIAS

Hai milleiros de app para buscar as diferenzas, podedes escoller a que máis vos guste e máis se adapte aos vosos intereses e idades. Son un recurso fantástico para traballar a atención.


Encuentra 10 diferencias for Android - APK Download


384 PUZZLES PARA NIÑOS

Con esta app entrenamos a memoria e a atención ó mesmo tempo que traballamos diferentes campos semánticos (animais, comida, partes da casa, ferramentas...)

384 Puzzles para Niños en App Store




ESPERO QUE SEXAN DE UTILIDADE!!

TODO SAIRÁ BEN

Ola familias, nenas e nenos :)  Douvos a benvida a  este espazo que decidín crear para estes tempos de corentena... Nel, irei subindo recursos e tarefas para que poidades entreter esas cabeciñas mentres estamos nas nosas casas.
É unha etapa difícil que nos toca vivir, pero de seguro que todo sairá ben!! mentres tanto ficamos na casa para coidar e coidarnos!

 Moito ánimo a todas e todos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut