Skip to Content

CORTOS E CONTOS EN VÍDEO

Os cortos poden ser o noso aliado estrela para  axudar ao desenvolvemento emocional e a expresión oral. É moi importante que dende idades temperás vaian identificando o que están a sentir e o saiban expresar (tanto emocións coma ideas).

Podemos aproveitar múltiples situacións da vida cotiá para axudarlles aos pequenos a xestionar as súas emocións, unha proba delo é a situación que estamos vivindo... pois moitos sentirán tristeza, incertidume... e o adulto ten que estar aí, apoiando ese sentir e axudándolle a canalizalo.

 

O primeiro que vos deixo é unha adaptación do mostruo de cores ao  COVID-19; axudaravos a falar del e a expresar o que sentides nestas circunstancias. Lanzo preguntas que vos axudarán:

 

Como vos sentides ao non poder saír da casa?

Cales son as partes negativas?

Que partes positivas ten?

Cales son as reaccións a nivel social?

Que podemos facer para estar máis tranquilos?

 

 

Estas son algunhas ideas pero de seguro que os nenos se farán un millón de preguntas, asique xa sabedes... a compartir con eles!

O MONSTRO DE CORES VERSIÓN COVID-19 

 

A PONTE



 

Conta a historia de como catro animaliños resolven un problema para cruzar unha ponte. A solución vai depender da capacidade de chegar a acordos e nela poderemos ver diferentes puntos de vista (egoísmo/ xenerosidade). Nela faise evidente a importancia que ten a cooperación para a resolución de conflictos.



PARCIALMENTE NUBLADO

 

 

Esta curtometraxe trata o tema da amizade e como un traballo en equipo fai que esta sexa sincera e verdadeira. Con esta historia estaremos ensinándolle aos nenos a importancia de querer, respectar e aceptar aos demais tal e como son.

 

O REGALO

 

 



Esta historia invítanos a reflexionar sobre a capacidade de superación, autoaceptación e respecto polos demais. A historia trata a diversidade funcional vista dende a perpectiva dun neno.

 

RATO EN VENDA

 


Con este curto reflexionamos sobre as cualidades propias e alleas e o dano que pode facer non ser aceptados por ser "diferentes". Coa historia reflexionaremos sobre a importancia da empatía e a inclusión a nivel social.

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut