Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINTIVIA DE ADMITIDOS: ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de infantil,e ducación primaria, educación secundaria obrigatoira e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos do procedemento ED550A, ED550B, ED550C)

CÓMO PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando aquí os documentos.

 

 



story | by Dr. Radut