Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-2023

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2023/2024

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Enrique Muruais (A Pontenova).

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      
  • SOLICITUDE PRESENCIAL presentando o ANEXO I cuberto na Secretaría do centro. 

 INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.



story | by Dr. Radut