Skip to Content

FONDO LIBROS 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 

No DOG do 18 de maio de 2022, saiu publicada a Orde do 29 de abril de 2022, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022-2023.

 

NORMAS XERAIS

- O prazo de presentación de solicitudes será do 19 ao 22 de xuño.

- So se presentará unha única instancia para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro para o curso 2022-2023.

- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (asinado polos dous proxenitores)
  • Anexo II (para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante).
  • Copia do libro de familia.
  • En caso de separación ou divorcio, débese achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 DE XUÑO: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021-2022
  • 22 DE XUÑO: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022-2023.
  • 27 DE XUÑO: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
  • 28 E 29 DE XUÑO: Período de reclamación á adxudicación provisional.
  • 30 DE XUÑO: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.
  • DO 4 AO 8 DE XULLO: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
  • PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO: Entrega de libros asignados ao alumnado.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Prezadas familias,

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2022-2023, presentáronse:

- 5 soliciutudes para 4º de Educación Infantil.

Todas as solicitudes quedan admitidas.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

DÍAS NON LECTIVOS ELIXIDOS POR ESTE CENTRO

Familias:

Lembrámosvos o seguinte:

Os días NON LECTIVOS elixidos por este centro educativo son os seguintes:

  • 7 DE DECEMBRO DE 2021
  • 16 DE MAIO DE 2022

  

Unha agarimosa aperta!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE MAIO

                                                               Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de maio!

TALLER FORMATIVO ”ESTIMULACIÓN DA FALA NA FAMILIA”

Estimadas familias, 

O mércores 27 de abril ás 16:15 terá lugar o taller formativo "Estimulación da fala na familia" no CEIP Riotorto. O taller está dirixido ás familias do alumnado entre 0 e 6 anos, co obxectivo de apoiar, informar e axudar na estimulación da fala ás familias. Imparte dito taller o SAT de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. Organiza "Educando en famili" e o CEIP Riotorto.

Unha forte aperta!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE ABRIL

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de abril!

- V CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ -

Estimadas familias,

Premede aquí para acceder ás bases do...

 V CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ!!!

O 31 de abril remata o prazo para entregar os traballos dos nenxs participantes no noso centro, para así poder preparalos para o envío.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Recomendación do uso das máscaras nos centros educativos

RIOTORTO - UCRAÍNA

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Estimadas familias,

O PRAZO DE SOLICITUDE É DO 1 AO 21 DE MARZO

PROCEDEMENTO:

IMPRESO DE SOLICITUDE (modelo ED550B) DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO E ASINADO POLOS DOUS PROXENITORES. PÓDESE CUBRIR NO CENTRO, DESCARGALO AQUÍ, OU BEN A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO (seguindo os seguintes pasos: Solicitudes>Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopia do libro de familia

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (se o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Copia do Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ven regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 12/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Distribuir contido


by Dr. Radut