Skip to Content

SAÍDA A MARCELLE XUÑO 2022

EXCURSIÓN A MARCELLE XUÑO 2022 - YouTube

Lembranzas da nosa saída a Marcelle! 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Prema aquí para acceder á Instrucción comedores escolares.

Deberá presentar a solicitude para o comedor escolar para o curso 2022-2023:

- Novo alumnado do centro que solicite o servizo de comedor escolar para o curso 2022-2023.

- Alumnado do CEIP de Riotorto que queira continuar sendo usuario deste servizo durante o curso 2022-2023.

Podedes acudir ao centro para coller a fotocopia do modelo de autodeclaración (coa renda neta do ano 2021) e traelo cuberto antes do 15 de xullo ou ben, descargar o modelo de autodeclaración adxunto e traelo cuberto e asinado polos dous proxenitores.

Infórmase tamén de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2022/2023. Podedes descargar a solicitude nos arquivos adxuntos e entregala no centro.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2022-2023

OS TIBURÓNS: VÍDEO PARA O PROGRAMA "OS BOLECHAS NO COLE"

Durante este curso participamos no programa da TVG "Os Bolechas no cole". Aínda non se emitiu o vídeo oficial na páxina dos Bolechas, pero gustaríanos amosarvos todo o que investigamos e aprendimos sobre os tiburóns!

OS TIBURÓNS: VÍDEO PARA O PROGRAMA "OS BOLECHAS NO COLE" - YouTube

 

 

MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS DO CENTRO SOBRE A AVALIACIÓN E A PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Adxúntase e a modificación da concreción curricular do centro tendo en conta o establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación no ensino de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

PRAZO DE MATRÍCULA, DO 20 AO 30 DE XUÑO

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (cubrir no centro).

- Impresos de autorizacións (cubrir no centro).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (cubrir no centro).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia do DNI (do alumno e de ambos proxenitores).

- Informe médico

- Fotocopia tarxeta sanitaria. 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións. 

- Certificado de convivencia expedido polo concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso. 

V CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ

 

Categoría A)

1º PREMIO:  Iago López López co debuxo "Superpataca salva a Avelino".

2º PREMIO: Aitana Salgado Reimondo co debuxo, "O meu cole".

 

Categoría B)

2º PREMIO: Alejandro Reigosa Ramallal co poema "Os meus queridos animais".

3º PREMIO: Alicia Linares González  co poema "A paisaje floreada".

 

NORABOA AOS GAÑADORES! E NORABOA TAMÉN A TODOS OS PARTICIPANTES POLOS SEUS EXCELENTES TRABALLOS!

 

Desde a Asociación Avelino Díaz agradecen a alta participación e felicitan ao alumnado pola calidade dos traballos presentados.

A entrega de premios será o SÁBADO 11 DE XUÑO ÁS 19:00 HORAS, no Salón de Plenos do Concello de Meira. Convídase a toda a Comunidade Educativa a este acto.

 

Unha aperta!

 

 

MENÚ ESCOLAR DO MES DE XUÑO

                                                               Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xuño.

OBRADOIRO NORMAS E LIMITES

Estimadas familias,

 O mércores 8 de xuño, ás 16:00 horas terá lugar no CEIP Riotorto o obradoiro "Normas e límites" dirixido ás familias con alumnado entre 0 e 10 anos.

Imparte o obradoiro a psicóloga do Centro de Información Mulleres de Mondoñedo, María del Carmen Rey Castro.

II XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ - Concello de Mondoñedo

Distribuir contido


by Dr. Radut