Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

Familias, 

Adxúntase o calendario escolar para o curso 2022-2023.

Os días NON LECTIVOS deste centro son os seguintes:

  • 9 DE DECEMBRO
  • 20 DE MARZO

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

                                                              Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de setembro.

INICIO CURSO 2022-2023

Prezadas familias.... COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


O xoves 8 de setembro ás 09:15 iniciamos este novo curso con moita ilusión!

Informámosvos dalgunhas novidades deste novo curso:

- O USO DA MÁSCARA NO COLEXIO XA NON É OBRIGATORIO (TAN SÓ NO TRANSPORTE ESCOLAR).

- ELIMÍNASE A DISTANCIA DE SEGURIDADE NAS AULAS.

- XA NON HAI GRUPOS BURBULLA NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Prema aquí para acceder ás instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Deste xeito, este curso será un inicio da nosa volta á normalidade (ata que a COVID-19 o permita).

Como se viña facendo antes da pandemia, a REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS SERÁ DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO (informarémosvos previamente).

Aconsellamos que os nenxs vaian traendo o seu material escolar de xeito escalonado para que non veñan excesivamente cargados o primeiro día.

Lembramos o horario do mes de setembro:

ENTRADA  09:15

SAÍDA ALUMNADO USUARIO COMEDOR  15:00

SAÍDA ALUMANDO NON USUARIO COMEDOR 14:00

 

Para calquera pregunta, non dubidedes en poñervos en contacto con nós :)

AGARDÁMOSVOS CON MOITAS GANAS!!

MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2022-2023

Familias,

Adxúntanse as listaxes de material escolar por cursos.

SAÍDA A MARCELLE XUÑO 2022

EXCURSIÓN A MARCELLE XUÑO 2022 - YouTube

Lembranzas da nosa saída a Marcelle! 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Prema aquí para acceder á Instrucción comedores escolares.

Deberá presentar a solicitude para o comedor escolar para o curso 2022-2023:

- Novo alumnado do centro que solicite o servizo de comedor escolar para o curso 2022-2023.

- Alumnado do CEIP de Riotorto que queira continuar sendo usuario deste servizo durante o curso 2022-2023.

Podedes acudir ao centro para coller a fotocopia do modelo de autodeclaración (coa renda neta do ano 2021) e traelo cuberto antes do 15 de xullo ou ben, descargar o modelo de autodeclaración adxunto e traelo cuberto e asinado polos dous proxenitores.

Infórmase tamén de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2022/2023. Podedes descargar a solicitude nos arquivos adxuntos e entregala no centro.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2022-2023

OS TIBURÓNS: VÍDEO PARA O PROGRAMA "OS BOLECHAS NO COLE"

Durante este curso participamos no programa da TVG "Os Bolechas no cole". Aínda non se emitiu o vídeo oficial na páxina dos Bolechas, pero gustaríanos amosarvos todo o que investigamos e aprendimos sobre os tiburóns!

OS TIBURÓNS: VÍDEO PARA O PROGRAMA "OS BOLECHAS NO COLE" - YouTube

 

 

MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS DO CENTRO SOBRE A AVALIACIÓN E A PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Adxúntase e a modificación da concreción curricular do centro tendo en conta o establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación no ensino de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

PRAZO DE MATRÍCULA, DO 20 AO 30 DE XUÑO

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (cubrir no centro).

- Impresos de autorizacións (cubrir no centro).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (cubrir no centro).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia do DNI (do alumno e de ambos proxenitores).

- Informe médico

- Fotocopia tarxeta sanitaria. 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións. 

- Certificado de convivencia expedido polo concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso. 

Distribuir contido


by Dr. Radut