Skip to Content

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

       Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de setembro.

INICIO DE CURSO E REUNIÓN COAS FAMILIAS

Familias:

Comezamos un novo curso con moita enerxía! O curso 2023-2024 comezará o luns 11 de setembro ás 09:15!

O mércores 6 de setembro ás 16:00 terá lugar no CEIP de Riotorto a reunión inicial coas familias. Agardámosvos!

Un saúdo!

SOLICITUDE DE COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE APOIO AO ALUMNADO DO COMEDOR

Infórmase que o está aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, a solicitude atópase no arquivo adxunto, debedes cubrila e presentala no centro. A data límite é o 8 de setembro

Un saúdo!

SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR O CURSO 2023/2024

Deberá presentar a solicitude:

- Alumnado matriculado no colexio que desexe seguir sendo usuario de comedor escolar.

- Novo alumnado matriculado no colexio para o curso 2023/2024 e que queira facer uso do comedor escolar.

Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (descargar no ficheiro adxunto desta publicación) indicando a cantidade da renda neta de ano 2022e  presentala cuberta e asinada polos dous proxenitores.

O modelo deberá entregarse no colexio colexio en horario de 10:00h a 13:00h de luns a venres.

Un saúdo!

AXUDAS FONDOLIBROS 2023-2024

Estimadas familias:

O venres 30 de xuño publicáronse as listaxes provisionais do fondo de libros para o próximo curso. Poden consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios do centro.

(3º a 6º E.P.) Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais 3-4 de xullo

O mércores 5 de xullo publicaranse as listaxes definitivas do fondo de libros para o próximo curso. Poderán consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios do centro.

O horario de consulta das listaxes e de recollida de vales de material, así como para os vales de libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria, será de 10:00 a 13:00 no colexio.

*Os libros serán entregados polos titores/as ao comezo das clases.

Un cordial saúdo.

TORTÍN 22-23

LISTADO DE LIBROS 2023-2024

 Nos documentos adxuntos podedes atopar o listado de libros de texto para o alumnado da etapa de Educación Primaria  e de Educación Infantil para o curso 2023-2024. Adxúntase tamén a lista de material para a etapa de Educación Infantil. A lista de material para o alumnado de Educación Primaria proporcionarase en setembro.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Prazo de matrícula entre o 20-30 xuño

 

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición no colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller no colexio).

- Informe médico.

- 3 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopias do libro de familia.

- Fotocopia do dni do alumno (se o ten) e de ambos proxenitores.

- Convenio reuglador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso

 

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DO MES DE XUÑO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xuño.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Prezadas familias,


Publicada a seguinte orde:Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).



Poderase solicitar:

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de PRIMARIA.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO destinadas ao alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA.


- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR  destinadas ao alumnado DE TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA.

Para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela... (Prema aquí para ler a convocatoria).


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 20 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2022 (este incluído).

As solicitudes poderán presentarse de varios xeitos:

  • Por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na Alicación FondoLibros.
  • Cubrindo os impresos correspondentes que serán enviados ao alumnado e entregándoos posteriormente no centro de xeito presencial.


* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

Un cordial saúdo!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut