Skip to Content

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MES DE MARZO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de marzo!

TALLER: ATENCIÓN TEMPERÁ NA FAMILIA

Estimadas familias,

Informarvos de que este mércores día 23 de febreiro, ás 16:15, terá lugar o taller formativo "Atención temperá na familia" no noso colexio. Este taller está dirixido ás familias do alumnado entre 0 e 6 anos.

O obxectivo é dar apoio, axuda e información ás familias con menores de 0 a 6 anos para a estimulación temperá na casa.

Unha forte aperta!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE FEBREIRO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xaneiro!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE XANEIRO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de xaneiro!

NADAL 2021

ASÍ FOI O NOSO NADAL! Preme no enlace para a visualización do vídeo! :)

NADAL RIOTORTO 2021 - YouTube

XORNADA CON PRODUTOS DE MERCAPROXIMIDADE

Estimadas familias,

O noso centro foi seleccionado para a participación no Proxecto Cooperación "Alimentos da Biosfera".

O obxectivo deste proxecto é fomentar hábitos saudables e sostibles nos comedores escolares, onde se priorice a elaboración de menús con elementos de proximidade, ecolóxicos, frescos e de tempada.

Unha das actividades deste proxecto é a participación nunha Xornada con produtos de Mercaproximidade. O noso colexio participará nesta xornada este venres 17, no que poderemos desfrutar dun menú dotado con produtos proporcionados pola Consellería de Medio Rural.

O menú elixido foi o seguinte: 

-Fabas de Lourenzá vexetais.

-Tenreira galega con patacas.

-Queixo fresco con mel.

 

Un saúdo!

VACINACIÓN NENXS ENTRE 5 E 11 ANOS

Estimadas familias,

Desde a Consellería infórmase aos centros educativos de que o vindeiro 15 de decembro pola tarde comeza a vacinación para todas aquelas nenas e nenos que teñan entre 5 e 11 anos. Os primeiros en recibir a primeira dose serán os inmuno-deprimidos e logo continuará por idade. Teñen pensado completar a primeira pauta naquelas nenas e nenos entre os 11 e os 9 anos e medio. O resto das doses, poderían estar dispoñibles á volta do Nadal. A segunda dose non se porá ata despois das 8 semanas.

O alumnado será citado a través de mensaxe ao teléfono móbil asociado ás tarxetas sanitarias.

Un saúdo!

DÍA DA DIVERSIDADE - 3 DE DECEMBRO

O 3 de decembro celebramos o día da diversidade. A discapacidade é a capacidade extraordinaria de se capaces. Capaces de gozar, de ser distintos, de ser iguais, de superarse, de sumar... capaces de todo, coma todos!

O CEIP de Riotorto, o CEIP da Pontenova e o IES Enrique Muruais unímonos baixo o mesmo paraugas para conmemorar esta data.

Premede aquí para a visualización do vídeo: Día da Diversidade - YouTube

MENÚ ESCOLAR DO MES DE DECEMBRO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de decembro!

A IMPORTANCIA D XOGUETE NA INFANCIA

Estimadas familias,

O vindeiro mércores día 24 de novembro terá lugar ás 16:20 na aula de Usos Múltiples do CEIP Plurlingüede Riotorto, unha charla informativa organizada por Educando en Familia. Está dirixida a toda a comunidade educativa e tratará a temática da importancia do xoguete na infancia.

Unha aperta a todxs!

Distribuir contido


by Dr. Radut