Skip to Content

Taboleiro de anuncios

VOTA AS TÚAS CABAZAS FAVORITAS

Xa temos aquí a exposición das cabazas que mandastes. Grazas a todos e todas por participardes.

Agora tócavos decidir cales serán as premiadas este ano. Se premes na imaxe de enriba ou aquí, poderedes votar as vosas favoritas. Tedes de prazo ata domingo, 15 de novembro.

ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!

Convidámosche a participar a ti, si a ti, que formas parte do alumnado de 4º, 5º ou 6º de E. Primaria. Grávate un vídeo onde saias ti só/a ou ti con uns amigos/as narrando un conto en voz alta. A historia pode ser inventada ou algunha que coñezas e o vídeo non pode durar máis de 5 minutos. Ollo con iso!

O concurso consta de dúas fases: unha no centro e, se pasas esta fase, outra a nivel galego. Se gañas a fase galega, concederanche un premio de 250 euros a ti e outros tantos ao colexio. E, se quedas segundo/a e o xurado así o estima, consegues 150 euros. 

A data límite para entregarnos o vídeo será o luns, 9 de novembro. Podes pasarllo ao teu titor/a nunha memoria USB ou mandárnolo ao correo: ramonparis@edu.xunta.es.

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

Estimadas familias:

Chegamos a un fin de curso diferente e atípico. Ninguén de nós podería imaxinar que iamos rematar así. Sentimos unha inmensa tristura de non poder despedir como se merece ao noso alumnado, e sobre todo ao alumnado de 6º que se vai para o instituto.

Pero non queriamos despedirnos, tanto o Equipo directivo como todo o claustro de profesorado do colexio, sen agradecerlle a axuda que nos prestaron nas súas casas cos traballos que lle enviamos aos nenos e nenas durante todo o estado de alarma. Sen a súa colaboración o traballo telemático co noso alumnado non sería posible.

Moitas grazas pola súa disposición durante todo este período de tempo. Agardamos que a situación mellore canto antes, para poder ir volvendo á normalidade e sobre todo para disfrutar dunhas merecidas vacacións en familia.

Reciban un afectuoso saúdo de todo o equipo de profesores e profesoras do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut