Skip to Content

Taboleiro de anuncios

GRAZAS POLO ESFORZO

Hoxe rematamos o segundo trimestre e non queremos facelo sen agradecer unha vez máis o apoio e colaboración de todos vós. Foi un trimestre duro, cun importante incremento de casos positivos no centro. Pero aínda así todo o mundo estivo á altura dando o mellor de si, colaborando e facendo que os nosos nenos e nenas non perdan o seu sorriso. Por iso, temos que seguir esforzándonos para que os nosos cativos e cativas sigan medrando seguros e felices. Lembrade extremar as precaucións nestes días de vacacións, para evitar un incremento de casos tal e como pasou despois do Nadal. Vémonos de novo o martes, 6 de abril.

O arco da vella gusta de lucir no noso colexio e acollernos nunha aperta, como se fósemos, cada un de nós, esa pinga de auga na que a luz branca se descompón nesas fermosas cores, que sempre veñen na compaña das risas das nenas e nenos.

ESPERANZA

Este curso, desde o primeiro día, e por moitas razóns que todas coñecemos, era o da esperanza. Ese sentimento que nos fai crer que aquilo que desexamos pode acadarse.

VONTADE DE TRABALLO

Mais, o desexo, sen vontade de traballo, sen tecer redes de complicidade entre toda a comunidade educativa, quedaría nunha palabra baleira, sen contido.

PRIORIDADE: O ALUMNADO

Esperanza de que todo o organizado saíse ben, de procurar o menor número de contaxios, mais por riba de todo, que o noso alumnado gozase da aprendizaxe e do encontro cos seus compañeiros e compañeiras, malia que as limitacións eran e son moitas.

ILUSIÓN

Estamos na metade do curso e seguimos mantendo a ilusión. O noso estímulo sodes vós. As nenas e nenos, as familias, que respondedes co voso apoio cada día. O persoal non docente: Mariel, Mercedes, María, Estrella, Azucena, Xulio e María Jesus; a ANPA e o persoal do comedor, grande o traballo que están a facer.

Moitas grazas a todas!

O arco da vella seguirá acolléndonos como pingas de auga cheas de ilusión, de forza e celebrando ese son do noso colexio que deixamos aquí para vós.

Porque, como escribiu a poeta á que se lle dedican este ano as Letras Galegas, Xela Arias:

Vencerse é cousa de se tratar.

Unha grande e agradecida aperta de todo o claustro do CEIP Raquel Camacho.

OS MANDADOS DO MECO 2021

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén.

Se premedes nos carteis ao longo da semana, veredes fotos da xentiña disfrazada.

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

 

 

Xoves: poremos un cinto pintoresco.

Venres: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa.

 

PROGRAMA DE SUBMINISTRACIÓN DEL LEITE AO ALUMNADO

A Dirección do CEIP Raquel Camacho informa de que a partir do xoves, día 14 de xaneiro, e durante un período de 10 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá unha peza de froita fresca para tomar no recreo. A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2020 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

A Dirección do CEIP Raquel Camacho informa de que a partir do xoves, día 14 de xaneiro, e durante un período de 10 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá unha peza de froita fresca para tomar no recreo. A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2020 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

Distribuir contido


by Dr. Radut