Skip to Content

Taboleiro de anuncios

ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!

Convidámosche a participar a ti, si a ti, que formas parte do alumnado de 4º, 5º ou 6º de E. Primaria. Grávate un vídeo onde saias ti só/a ou ti con uns amigos/as narrando un conto en voz alta. A historia pode ser inventada ou algunha que coñezas e o vídeo non pode durar máis de 5 minutos. Ollo con iso!

O concurso consta de dúas fases: unha no centro e, se pasas esta fase, outra a nivel galego. Se gañas a fase galega, concederanche un premio de 250 euros a ti e outros tantos ao colexio. E, se quedas segundo/a e o xurado así o estima, consegues 150 euros. 

A data límite para entregarnos o vídeo será o luns, 9 de novembro. Podes pasarllo ao teu titor/a nunha memoria USB ou mandárnolo ao correo: ramonparis@edu.xunta.es.

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

Estimadas familias:

Chegamos a un fin de curso diferente e atípico. Ninguén de nós podería imaxinar que iamos rematar así. Sentimos unha inmensa tristura de non poder despedir como se merece ao noso alumnado, e sobre todo ao alumnado de 6º que se vai para o instituto.

Pero non queriamos despedirnos, tanto o Equipo directivo como todo o claustro de profesorado do colexio, sen agradecerlle a axuda que nos prestaron nas súas casas cos traballos que lle enviamos aos nenos e nenas durante todo o estado de alarma. Sen a súa colaboración o traballo telemático co noso alumnado non sería posible.

Moitas grazas pola súa disposición durante todo este período de tempo. Agardamos que a situación mellore canto antes, para poder ir volvendo á normalidade e sobre todo para disfrutar dunhas merecidas vacacións en familia.

Reciban un afectuoso saúdo de todo o equipo de profesores e profesoras do colexio.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO

Xa podes consultar no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut