Skip to Content

Taboleiro de anuncios

AXUDAS PARA ALIMENTACIÓN E ACCESO Á INTERNET DURANTE O CONFINAMENTO

As familias que teñan dificultades para a adquisición de alimentos para os seus fillos/as:

  • por perda de acceso ao comedor escolar,
  • por non ter ningunha axuda alimentaria
  • ou por perda de ingresos familiares.

E tamén aquelas familias que non teñan conectividade a internet ou ningún dispositivo para acceder ao contido formativo do centro poden enviar un correo electrónico a ceip.raquel.camacho@edu.xunta.es, dicindo o nome do neno/a, o curso no que está, o tipo de necesidade que teñen e un teléfono ou correo electrónico de contacto, para ver se lle pode tramitar algunha axuda a través da ONG Colaboradora Ayuda en Acción.

INFORMACIÓN PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

A Federación Provincial de ANPAS informa de que, desde a Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social, se lles comunicou que se van a manter as becas de comedor. Procederase da seguinte maneira:

  1. As familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.
  2. Os/As solicitantes recibirán a contestación no seu email, onde se lles indicará a que centro educativo teñen que ir recoller o menú, en horario de 13 a 14 horas.
Distribuir contido


by Dr. Radut