Skip to Content

Extraescolares

HORARIOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

As actividades que non aparecen no recadro NON se levarán a cabo.

 

ACTIVIDADES CONCILIACIÓN DA FEDERACIÓN DE ANPAS

Aquí están en verde as actividades da federación que comezarán o vindeiro 1 de outubro:

Dado que só acadaron o mínimo de inscricións para formar grupo tres actividades da federación (patinaxe, inglés (1º,2º e 3º E.P) e escape room) ofértanse actividades de conciliación para todas aquelas familias que o precisen.

Actividade 1: luns e mércoes de 16 a 17h
Actividade 2: martes e xoves de 16 a 17h

O prezo de cada actividade será de 21€ por trimestre. Os beneficiarios da beca comedor terán un desconto do 50%.

Para que as actividades de Conciliación se poidan levar a cabo, será necesario chegar ó mínimo de escolares exixido nas actividades.

Débese formalizar a inscrición ANTES DO MÉRCORES 25 DE SETEMBRO ÁS 20,00H no siguinte formulario:

https://forms.gle/haAbQ6QpR2mgwxU4A

SÍ HABERÁ E A INSCRICIÓN SEGUE ABERTA PARA: BAILE MODERNO, BALLET E FÚTBOL SALA

PROGRAMA NATACIÓN ESCOLAR 2024-2025

 

  • Dirixido a: Ed. Primaria (3º e 4º curso).
  • Inscricións: Reserva praza do 19 ao 26 de setembro. Formalizar inscrición do 30 de setembro ó 4 de outubro.
  • Lugar: Piscina de Riazor.
  • Datas curso: Do 14 de outubro ao 30 de maio.
  • Horario clases: Luns de 16:15-17:00
  • Bus:
    • Hora recollida: 15:45
    • Hora de entrega: 17:30
    • Lugar: na parada bus urbano, Ronda de Outeiro, 269
  • Prezo: 55.07 €. Cota única que inclúe o traslado e cobertura sanitaria.

A reserva da praza farase enviando un email ó correo: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com con asunto: INSCRICIÓN NATACIÓN e os datos do participante. A formalización da inscrición e o pago realizarase nas oficinas da C.D. Riazor, entregando a folla de inscripción debidamente cuberta máis un documento identificativo (DNI,NIE, pasaporte, libro de familia) tanto d@ alumn@ como o da nai/pai/representante legal) Será necesario pedir cita previa no seguinte enlace: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 ).

PARA INSCRIBIRSE EN CALQUERA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE OFERTE A ANPA TEDES QUE SER SOCI@S DA ANPA

 

CÓXEGAS SETEMBRO 2024

CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. A rapazada gozará de xogos, deportes e actividades lúdicas participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomentan o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.

Para inscribirse en calquera actividade é imprescindible facerse soci@ da ANPA a través deste formulario.

 

INSCRICIÓN
Hai que rexistrarse nesta web: https://app.fedapascoruna.org/login INSTRUCCIÓNS PARA INSCRIBIRSE AQUÍ.
Do 19 de agosto ata o 3 de setembro

HORARIO A ESCOLLER
Luns a venres de 16:00 a 17:00 h.
Luns a venres de 16:00 a 18:00 h.

Non se contempla a posibilidade de entrada a actividade ás 17:00 h.


PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 11 ao 30 de setembro de 2024

PREZO
15€ por participante
Desconto do 50% nos beneficiarios da beca comedor.
Pago obligatorio seguro accidentes: 4€.

Distribuir contido


by Dr. Radut