Skip to Content

Secretaría, Impresos descargables, Libros de texto, Admisión e matrícula

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025

Libros de texto

Educación Infantil

Educación Primaria

Listaxes de material

Educación Infantil

Falarase deste tema nas xuntanzas de comezo de curso.

Educación Primaria

Libros de lectura

Preme aquí para descargar a listaxe.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Desde hoxe, día 21 de maio, e ata o día 21 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 7 de maio de 2024). Poderán atopar toda a información nesta circular da Xunta de Galicia (premer aquí) e na aplicación de Fondolibros (premer aquí).

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas (ANEXOS I e II).

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Documentación necesaria

  • Copia do DNI/NIE/pasaporte das persoas proxenitoras.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia/DNI/partida de nacemento).
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

Prazos (de 9:30 a 13:30 horas)

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo a 11 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut