De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro), pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:
- Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES AGRA I.
- A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.
- As familias que no vindeiro curso 2018/19 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos no referido IES poden optar por unha destas vías:
- Presentar no noso centro entre os días 01 e 15 de febreiro, o modelo de solicitude que se xunta a este escrito debidamente cuberto (formulario normalizado ED550A, publicado no anexo I da orde do 25 de xaneiro de 2017, que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013). Neste caso o alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao seu titor/a.
- Presentar a citada solicitude entre os días 01 e 15 de febreiro a través da aplicación “admisiónalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
- A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitudes noutro centro dará lugar a perda de prioridade.
- Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) no IES da súa preferencia.
- O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
A Coruña, 1 de febreiro de 2019
Rosa Mª Mosteiro Neira, directora.