Skip to Content

Saídas e visitas

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á PRAIA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Saída á praia de San Amaro

Pois non, a chuvia non nos permitiu ir á praia de Sabón o luns pasado. Así que buscamos unha alternativa. Non iamos quedar sen a anual visita á praia. Escollemos unha urbana: a de San Amaro en Durmideiras.

Así que o martes embarcamos no bus rumbo a o areal coruñés. O primeiro que fixemos foi merendar para coller enerxías e despois fomos coma galo ao millo para a area. E que cres que fan os nenos e nenas na area? Si, acertaches: pasalo pipa!

Mira as fotos se non nos cres.

EXCURSIÓN!!!!!!!!

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Granxa Belelle

FOMOS DE EXCURSIÓN!!!

O pasado xoves a rapazada de 1º e 2º de E. Primaria fomos de excursión á granxa de Belelle.

Tíñamos moita ilusión e estabamos moi inquedos xa que facía moito tempo que non podiamos sair cós nosos amigos e amigas do cole.

Na granxa pasámolo xenial : aprendimos moitísimas curiosidades sobre os animais, fixemos pan, montamos en "pony"...

Foi un día xenial e xa estamos desexando que chegue a próxima.

Podemos ver unhas fotos onde se pode apreciar o que disfrutamos.

LA LOCA HISTORIA DE FRANKENSTEIN

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Saída ao Fórum 3ºA-3ºB

O xoves 11 de maio, 3º A e 3º B fomos ver unha obra de teatro ao Fórum Metropolitano. Chamábase: La loca historia de Frankenstein.

Nesta historia, Monstri e a súa tía intentaban volver á doutora Frankenstein ao seu estado natural, xa que ela quedara convertida nunha cascuda despois dun experimento que saiu mal...

Foi unha obra moi divertida, pasámolo xenial!! 

ITINERARIO: O MOZO PICASSO

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> O mozo Picasso

Hoxe as nenas e nenos de 3º fixemos o itinerariro: Picasso mozo: Da casa á escola.

Visitamos a casa onde viviu Pablo Picasso coa súa familia cando era pequeno. Alí vimos moitos dos debuxos que pintou nuns cadernos e algúns cadros.

Despois estivemos vendo a escultura da pomba da paz que hai na Praza de Pontevedra e intentamos debuxala sen levantar o lapis pero... é moi difícil!

Por último, estivemos no instituto Eusebio da Garda, que é onde daba clase o seu pai e onde el estudou nos anos que estivo na nosa cidade. É impresionante!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut