Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída a Correos 6º
Aproveitando que chega o Nadal, nas clases de 5 anos, fixemos unha postal para felicitar estas festas ás familias. Pensamos que sería unha boa idea ir a unha oficina de Correos levala. Así que nos puxemos mans á obra e preparamos todo o que necesitabamos.
Como xa tiñamos todo preparado, hoxe fomos levalas á oficina de Correos que está preto do cole. Alí estábannos esperando os carteiros Juan e Mari Carmen que nos permitiron ser carteiros por un día. Vimos como clasifican as cartas nos distintos casilleros que teñen os nomes das nosas rúas, fixemos xogos e ata montamos nunha moto de Correos! E como somos uns nen@s moi responsables puxémonos tamén o casco!
Pásamolo xenial e gustounos tanto o que fixemos que moitos xa teñen claro que de maiores queren ser carteir@s!