Skip to Content

PRIMEIRO DÍA MUS-E EN GALICIA

O CCM Os Mallos acolle a primeira edición do Día MUS-E Galicia o vindeiro martes, 11 de decembro, ás  11:30 da mañá. Neste acto cultural e educativo, daranse cita preto de 300 alumnos e alumnas cos seus familiares, representantes dos 5 centros escolares que participan do programa MUS-E este ano en Galicia.

Os sete artistas galegos que forman parte do programa e o seu alumnado representarán unha performance Soñarche, onde a través do teatro, a danza, as artes plásticas, unen nun traballo de encontro para soñar e traballar xuntos.



page | by Dr. Radut