Ata o día 21 de xuño de 2023 (inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (de acordo coa ORDE do 10 de maio de 2023).
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén. Dispós de 5 días para presentares reclamacións.