DISFRACES ENTROIDO 2011
Estimadas familias:
Con motivo da celebración do ENTROIDO mandamos información para preparar a festa-desfile que terá lugar o venres 4 de marzo no patio do colexio (se o tempo o permite) . O tema será "A AUGA", dado que é o centro de interese que guía todas as actividades realizadas en este curso así como o tema do PROXECTO VOZ NATURA que estamos a desenvolver.
Dada a amplitude do tema, pedimos a súa colaboración para que os traxes se axusten a el o máis posíbel, polo que ahí van algunhas suxerencias que poden ser posibeis ideas para a vestimenta: pescador@s, mariscador@s, bombeir@s, nubes, deuses do mar, peixes, sereas,.......
Convidámolos a que asistan para compartir con toda a comunidade educativa esta festa.
O portón permanecerá aberto a partir das 13:15 horas e pregámoslles ocupen as zonas periféricas do patio por detrás dos bancos onde se sentan @s alumn@s de ed. Infantil sin invadir a zona da pista. Moi especialmente lembramos que @s alumn@s están baixo a responsabilidade de cada profesor/a titor/a ata as 14:00 horas e as familias non poden coller ningún/ha nen@ e separalo do seu grupo de clase por moi fill@ seu que sexa. Polo tanto non poden ser sacados do centro antes da hora de saída. Esta medida tómase polo ben dos seus fill@s.
As clases reanúdanse o dia 10 de marzo.
A DIRECCIÓN DO CENTRO