Skip to Content

Taboleiro de anuncios

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

No día de hoxe os seus fillos/as levarán una carta con instrucións para participar nunha enquisa de diagnose que permita identificar os puntos febles e fortes na xestión da convivencia e da resolución de conflitos no centro educativo. Esta enquisa é totalmente anónima e deben contestar só unha por familia. Para acceder á mesma deben entrar na seguinte ligazón e introducir a clave que levan na carta entregada aos seus fillos/as. Se tivese algún problema coa clave ou precisase unha nova, deben poñerse en contacto coa dirección do centro.

A enquisa estará operativa ata o 29 de abril.

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar, polo que lle agradecemos a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

PROGRAMA DE SUBMINISTRACIÓN DEL LEITE AO ALUMNADO

A Dirección do CEIP Raquel Camacho informa de que a partir de hoxe, 12 de abril, e durante un período de 20 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá un envase de leite de 200 ml para tomar no recreo. As familias do alumnado con intolerancia ou alerxia á lactosa deben comunicarllo ao seu titor/a e recibirán un brick de leite sen lactosa. A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2020 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 2021-22

Onte, día 5 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas de comedor para o curso 2021-2022. Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, ambos incluídos. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web do Concello de A Coruña e na sede electrónica. 

Máis info premendo aquí ou na imaxe de arriba.

Distribuir contido


by Dr. Radut