Skip to Content

Taboleiro de anuncios

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Informamos de que, segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), hoxe, 25 de outubro, comeza o proceso para a renovación dos membros dos Consellos escolares.

Comunícase que o vindeiro mércores, día 27 de outubro, ás 11:30 da mañá, se procederá neste centro ao sorteo público de integrantes da Xunta electoral. Recibirán comunicacións referidas a este proceso oportunamente.

+ INFO SOBRE O CONSELLO ESCOLAR

POR QUE É IMPORTANTE O CONSELLO ESCOLAR?

 

...a responsabilidade do éxito escolar de todo o alumnado non só recae sobre o esforzo do alumnado individualmente considerado, senón tamén sobre o das súas familias, o profesorado, os centros docentes, as administracións educativas e, en última instancia, sobre a implicación da sociedade no seu conxunto.

LOMLOE

Achéganse as eleccións ao Consello escolar e seguramente queres coñecer algo máis do órgano por excelencia da participación da comunicade educativa. Por iso, ímosche ofrecer tres pinceladas informativas sobre el. Imos aló!

UNHA

Que é o Consello escolar?

Se lle botas un ollo á sección O CENTRO desta páxina, verás que alí hai un apartado chamado Organigrama. Nel amosamos a organización interna do noso colexio. Mira:

Fíxate nos órganos de goberno. Un deles é o Claustro do profesorado, que está formado (como podes imaxinar) por todas as mestras e mestres do colexio. Pero o que nos interesa atópase no lado esquerdo do Claustro neste mapa conceptual. En efecto, o Consello escolar.

Consello escolar é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: profesorado, familias, persoal non docente e o concello.

+ info

DÚAS

Por quen está formado o Consello escolar?

Dependendo do tamaño do centro, existen diferentes composicións, mais no noso está formado por:

  • a directora,
  • a xefa de estudos,
  • a secretaria (con voz pero sen voto),
  • un ou unha representante municipal,
  • un ou unha representante do persoal non docente (PAS),
  • 5 representantes das mestras e mestres,
  • e 5 representantes das nais e pais.

+ info

E TRES

Para que serve o Consello escolar?

O Consello escolar asume moitísimas funcións pero, para non abrumar, imos destacar tres das máis importantes:

  • aprobar e avaliar os proxectos e as normas do colexio;
  • participar na selección do director ou directora;
  • ou fixar os criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.

Ademais, dentro do Consello escolar tamén se atopa:

  • Comisión económica (que, por exemplo, revisa a xustificación dos gastos de funcionamento do colexio)
  • ou a Comisión de convivencia (que adopta as medidas preventivas necesarias para garantir o cumprimento das normas de convivencia).

+ info

ASÍ IMOS CELEBRAR O SAMAÍN

Concurso de cabazas

Acércase o Samaín e gustaríanos manter a tradición de elaboración de cabazas. Para iso, precisamos da colaboración das familias para a confección das mesmas coas vosas fillas e fillos. O luns, 25 de outubro, traeranas ao colexio e estarán expostas na súa aula uns días. Este ano non haberá exposición conxunta. 

Os participantes levarán un diploma e tentaremos premiar a orixinalidade e a reciclaxe. Anticipamos as grazas.

Disfaces terroríficos

Informamos, así mesmo, de que o venres, 29 de outubro, o alumnado poderá vir disfrazado.

EACE

PREME E DESCARGA RECURSOS PARA O SAMAÍN.

VISITA DA ALCALDESA DA CORUÑA AO COLEXIO

 

Imaxe: Concello da Coruña.

Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, pola directora do centro, Rosa Mosteiro, pola presidenta da ANPA, Olga Gey, e polo equipo directivo, comprobou en persoa as melloras no revestimento do edificio, que inclúen tamén a substitución das fiestras.

O Concello leva investidos máis de 300.000 euros no Raquel Camacho desde o 2019, dos que 245.000 euros correspóndense cos últimos traballos levados a cabo.

Queremos agradecer á alcaldesa e mais ao concelleiro a visita ao noso colexio e o seu interese pola educación pública.

Distribuir contido


by Dr. Radut