O próximo luns, día 22 de novembro, en horario de 17 a 20 horas, celébrase neste centro a votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar do colexio.
Teñen dereito a votar todos os pais/nais/titores legais que figuren no censo.
O voto será directo, secreto e non delegable. As papeletas facilitaranse no centro.
Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 nome dos candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou similar.
Candidaturas
- Ivanna Babenko
- Mª Isabel Bermejo Martínez
- Verónica Emilia Espiñeira Fandiño
- Daneisy Gil Camba
- Vanessa Senín Rodríguez
A dirección deste colexio anima a todos a que participen na votación, como unha forma mais de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.