Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén.
Se premedes nos carteis ao longo da semana, veredes fotos da xentiña disfrazada.
Luns: hai que levar algo na cabeza.
Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo.
Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo.
Xoves: poremos un cinto pintoresco.
Venres: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa.
Solicita xa a túa visita guiada individualizada para coñecernos.
Nestes momentos, a saúde de todos e todas supón para nós unha prioridade. Vimos aplicando estritos protocolos de prevención durante os dous últimos cursos e, durante a túa visita ao centro, tamén a manteremos.
Temos moitas ganas de contarche como traballamos no CEIP Raquel Camacho; queremos explicarche a nosa metodoloxía, instalacións, servizos e todo o que o noso centro ofrece.
Rematado o primeiro trimestre, chegamos ás vacacións de Nadal e todo o equipo docente e non docente do CEIP Raquel Camacho deséxalles unhas felices vacacións e festas de Nadal. Agora toca descansar, gozar coa familia e amigos e coller forzas para empezar o 2022, sempre con sentidiño e coidándose moito. Vémonos de novo o luns, 10 de xaneiro.