COUSIÑAS QUE PASARON EN NOVEMBRO EN 4 ANOS
Familias o tempo voa, pero na aula o aproveitamos moi ben.
Fixemos un pouco de todo:
Alan conseguiu rematar un crebacabezas que lle custaba moito.
Tivemos as nosas sesións de cine con flocos de millo.
Iniciámonos na técnica de mandalas, coloreando dende o centro ata as esquinas de xeito relaxado mentres escoitamos música clásica.
E non esquecemos que novembro é o mes da ciencia en galego, polo que exploramos libremente coas pezas de construción Kapla de Polos creativos, e transplantamos dúas plantiñas que vivirán connosco na aula.
Completiño!