Skip to Content

Taboleiro de anuncios

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo co disposto no art. 41 do D. 374/1996 corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Son electores todos os pais/nais/titores legais do alumnado do centro incluídos no censo electoral que está exposto no taboleiro de anuncios do colexio. As reclamacións ao censo faranse mediante escrito á Xunta Electoral ata ás 14 horas do día 4 de novembro.

Os pais/nais/titores legais poden presentar a súa candidatura segundo o modelo oficial que se facilita na secretaría do colexio ata as 14 horas do día 11 de novembro. O sorteo dos membros da mesa electoral farase en acto público o día 14 de novembro ás 11:45 horas nas dependencias do colexio.

As votacións realizaranse neste colexio o día 28 de novembro de 16:30 a 19:00 horas. Teñen dereito a voto o pai, a nai ou os titores legais do alumando debendo acreditar a súa personalidade co DNI / NIE / pasaporte... A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

POR QUE É IMPORTANTE O CONSELLO ESCOLAR?

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín faremos unha exposición de cabazas elaboradas polos nenos/as, ben na casa ou ben na aula (segundo decisión de cada titora). Cada alumno/a entregaraas na súa titoría o luns, 24 de outubro, á primeira hora.

Ese día colocaranse nas mesas da entrada do pavillón II. Pola tarde de 16:00 a 18:00 horas as familias poden visitar a exposición.

O día 25 de outubro devolveranse as cabazas aos seus autores/as para levar para a casa. O nome do autor/a e o curso irá colocado debaixo da cabaza e oculto. Pode ir á vista o título que se lle queira poñer.

Un xurado outorgará premios segundo distintas categorías:

  • a ecocabaza,
  • a máis orixinal,
  • a máis terrorífica
  • e a máis elaborada,

Serán entregados o día do Magosto (11 de novembro).

ANIMÁDEVOS A PRESENTAR AS VOSAS OBRAS TERROOORÍÍÍÍFICAS!!!!!!!!

PROPOSTA PARA A DECORACIÓN DAS CABAZAS: temas relacionados co Proxecto de Biblioteca “Emocion-arte” ou co Proxecto Voz Natura “Consumo responsable, sostible e respectuoso co medioambiente".

NOVA DISTIBUCIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO

Preme nesta imaxe de enriba para acceder a toda a info.

Distribuir contido


by Dr. Radut