Hoxe luns, día 28 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 celébrase neste centro a votación para a elección dos representantes de pais/nais ao Consello Escolar.
Poden votar todos os pais, nais e titores/as legais que figuren no censo aprobado pola Xunta electoral e exposto no taboleiro de anuncios do centro.
Os votos serán directos e non delegables podendo votar os dous proxenitores ou titores/as legais acreditando a súa personalidade co DNI, NIE.
Nas papeletas de votación marcarase un máximo de un nome das candidatas relacionadas por orde alfabética. Finalizada a votación procederase ao escrutinio público dos votos, levantando a correspondente acta.
Animamos a todos/as a participar como unha forma máis de colaboración na organización do centro a fin de conseguir a máxima representatividade de pais/nais no Consello Escolar.