Skip to Content

Taboleiro de anuncios

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 22-23 na comunidade autónoma de Galicia, as vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

Vémonos novamente o martes, 11 de abril.

Goza destes días en familia!

BOLSAS (BECAS) DE COMEDOR 2023/2024

Onte, 7 de marzo, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Onde se pode consultar toda a info sobre estas bolsas?

  • Na web municipal de servizos sociais (premendo aquí).
  • Na sede electrónica municipal (premendo aquí).
  • No teléfono 010 de información á cidadanía.

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nalgúns centros cívicos municipais, abertas ao público. O que máis preto se atopa do noso colexio é CCM PESCADORES cuxo reunión se celebrará o 24 de marzo ás 10.00 horas.

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

TALLER DE ECOPERCUSIÓN PARA FAMILIAS

Imaxe: Arasaac.

O luns, día 27 de marzo, en horario de 16.30 a 18:30 horas, haberá na bilblioteca do colexio un taller de ecopercusión para todas as familias do centro. O taller será impartido polo percusionista Didier Díaz e con el aprenderemos a tocar distintos ritmos con material de reciclaxe.

O taller é gratuito e non hai que traer ningún tipo de material. Os pais e nais do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria pode vir acompañados dos seus fillos/as.

As familias interesadas en participar poden anotarse neste enlace:

https://forms.gle/ZY2jij6SNBB5e5Je7

Anímte a participar e a disfrutar dunha tarde distinta con esta actividade lúdica!!

OS MANDADOS DO MECO 2023

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén: 

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

Xoves: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa. 

Venres: cada aula ou nivel disfrazarase de algo relacionado coa horta (Voz Natura) para o desfile.

Distribuir contido


by Dr. Radut