BOLSAS (BECAS) DE COMEDOR 2023/2024
Onte, 7 de marzo, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.
Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.
Onde se pode consultar toda a info sobre estas bolsas?
- Na web municipal de servizos sociais (premendo aquí).
- Na sede electrónica municipal (premendo aquí).
- No teléfono 010 de información á cidadanía.
Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nalgúns centros cívicos municipais, abertas ao público. O que máis preto se atopa do noso colexio é CCM PESCADORES cuxo reunión se celebrará o 24 de marzo ás 10.00 horas.
NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.