Skip to Content

Taboleiro de anuncios

FESTIVAL DE FIN DE CURSO PARA FAMILIAS

Imaxe do último festival celebrado en 2019.

Prezadas familias:

Temos o pracer de convidalas ao festival de fin de curso que se celebrará o venres, día 16 de xuño, ás 10 da mañá no salón de actos do Ágora.

Informamos de que as fotos ou gravacións que lles fagan aos seus fillos/as, se saen outros nenos/as, débenas empregar de maneira exclusivamente persoal, non deben publicarse en internet en aberto ou redes sociais a non ser que se conte co consentimento expreso de todos aqueles que aparecen nas imaxes, ou dos seus pais/nais/titores/as legais, se son menores de idade.

Pregamos a non interferencia nas actuacións do alumnado e o maior silencio posible. Se teñen que abandoar o festival, polos motivos que sexan, procuren sentar nas últimas filas. Agardamos que gocen das actuacións.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Ata o día 21 de xuño de 2023 (inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (de acordo coa ORDE do 10 de maio de 2023).

Poderás atopar toda a información:

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.

ESCOLA DE PAIS/NAIS

Os vindeiros días 22 e 29 de maio haberá no colexio, en horario de 16:30 a 18:00 horas, unha escola de pais e nais na que se tratará un tema moi interesante:

A educación dos nosos fillos e fillas desde as nosas emocións: como sentirnos ben para educar mellor?

Podes anotarte no seguinte enlace PREMENDO AQUÍ.

Agardamos que a temática sexa do teu interese e contar coa túa presencia.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA

Prezadas familias:

As súas fillas/os levaron unha circular na que se lles convida a participar nunha enquisa para mellorar a convivencia escolar. Poden acceder á enquisa a través deste enlace:

https://edu.xunta.gal/convfamil

Pediráselle unha clave/código para entrar, que é a que figura na circular que hoxe levaron para a casa. Se tivese algún problema ou precisase un novo código, pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

O prazo para cubrir a enquisa remata o día 22 de maio. A súa opinión e moi importante e valiosa, polo que lle agradecemos a súa colaboración e participación.

Distribuir contido


by Dr. Radut