Skip to Content

ALTA ANPA

Benvidas familias do CEIP Raquel Camacho!

En primeiro lugar queremos explicarvos as funcións e vantaxes desta Asociación:

*Nexo (representación) nais/pais- Escola (Profesorado, Dirección, Consello Escolar)

*Proporciona e xestiona os servizos de comedor, madrugadores e as actividades extraescolares.

*Representación d@s nais/pais ante os organismos oficiais.  Por isto resulta moi importante que sexades soci@s, xa que a maior número de soci@s, máis fortes podemos ser para presionar á hora de conseguir melloras na escola que beneficien @s nos@s fill@s.

Quen somos?: somos un grupo de nais do cole, que formamos parte desta Asociación de forma voluntaria e sen ánimo de lucro para que o cole d@s nos@s pequen@s dispoña dos servizos que mencionamos antes; por iso, queremos invitarvos a participar e facervos saber que somos unha Anpa aberta, tanto ás vosas propostas, coma a unirvos a nos… Calquera axuda será benvida!!!

Como vos imaxinades ademais da Anpa temos os nosos traballos, polo que pedímosvos un pouco de paciencia, porque non sempre podemos contestar os vosos correos e chamadas/whatsapps no momento. Pensade que, coma vós, tamén temos vida persoal que atender. Pero afrontamos estas tarefas con moita ilusión e intentando facelo o mellor posible.

Grazas a tod@s pola vosa comprensión e paciencia...esperamos resultarvos útiles...e quedades invitad@s a unirvos cando así o decidades.

Un afectuoso saúdo da Directiva.

INSTRUCCIÓNS PARA FACERSE SOCI@ DA ANPA:

1. REALIZAR O PAGO DE 15€ NA CONTA DA ANPA LA ESPERANZA - CEIP RAQUEL CAMACHO E GARDAR O XUSTIFICANTE para subir ao formulario (O xustificante pódese subir ao formulario nos formatos de documento, pdf e imaxe).

ABANCA, IBAN ES15 2080 0097 4430 4000 2477

Indicar como concepto: NOME d@ fill@ ou fill@s e APELIDOS.

OLLO! Se non cubrides ben os datos, e non podemos identificar @s nen@s, non constarán coma soci@s. 

O custo anual é de 15€ por familia (non por cada fill@).

2. XUSTIFICANTE LABORAL CO HORARIO DE TRABALLO *** só no caso de solicitar praza no comedor por motivos de conciliación***. (O xustificante pódese subir ao formulario nos formatos de documento, pdf e imaxe).

3. CUBRIR O FORMULARIO E ANEXAR O/S XUNTIFICANTE/S (Os xustificantes pódese subir ao formulario nos formatos de documento, pdf e imaxe).

Formulario de alta como soci@ da Anpa 2024/25 prema aquí.

Cando enviedes correctamente o formulario co xustificante do pago chegaravos un email de confirmación, entón saberedes que estades dados de alta como soci@s.

Ademáis, a partir de setembro 2024, recibiredes, no email que usáchedes para cubrir o formulario, un carné dixital en formato de código QR que teredes que mostrar, ou ben no móbil ou ben impreso en papel, para acceder a calquera evento organizado pola Anpa.

Para beneficiarse dos servizos xestionados pola ANPA (madrugadores, comedor e actividades extraescolares) e vir de balde ós eventos, é imprescindible facerse soci@ seguindo todos os pasos. Se tes dificultades ou dúbidas contacta con nós.

 



page | by Dr. Radut