Skip to Content

Taboleiro de anuncios

REUNIÓNS DE SETEMBRO COAS FAMILIAS

Velaquí as datas e horas das xuntanzas coas familias no vindeiro setembro:

Educación Infantil

  • 4º EI: 5 de setembro ás 16 horas.
  • 5º EI: 5 de setembro ás 17 horas.
  • 6º EI: 5 de setembro ás 18 horas.

Educación Primaria

  • 1º EP: 9 de setembro ás 16 horas.
  • 2º EP: 10 de setembro ás 16 horas.
  • 3º EP: 9 de setembro ás 17 horas.
  • 4º EP: 10 de setembro ás 17 horas.
  • 5º EP: 9 de setembro ás 18 horas.
  • 6º EP: 10 de setembro ás 18 horas.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MES DE XUÑO

Informamos que este ano non haberá o programa de conciliación Cóxegas, polo que as actividades extraescolares que se están levando a cabo no colexio CONTINUARÁN ata o día 20 de xuño inclusive.

Moitas grazas e un saúdo.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Desde hoxe, día 21 de maio, e ata o día 21 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 7 de maio de 2024). Poderán atopar toda a información nesta circular da Xunta de Galicia (premer aquí) e na aplicación de Fondolibros (premer aquí).

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas (ANEXOS I e II).

BOLSAS (BECAS) DE COMEDOR CURSO 2024/25

O mércores, 17 de abril, o Concello abre o prazo para presentar as solicitudes de bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. O prazo estará aberto ata o 8 de maio. A convocatoria diríxese ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros educativos de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e FP.

A documentación para estas axudas poderase presentar no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou de forma presencial nos rexistros de:

  • María Pita,
  • Centro Sociocultural Ágora,
  • Fórum Metropolitano,
  • rúa da Franxa e 
  • Centro Cívico de Novo Mesoiro.

Na web tamén se poden descargar os formularios para levar a cabo o proceso.

As persoas interesadas poden recibir máis información nos centros cívicos municipais, no teléfono de atención cidadá 010 é na web http://www.coruna.gal/servizossociais.

RECORDAMOS QUE A CONCESIÓN DUNHA BOLSA DE COMEDOR NON SIGNIFICA TER PRAZA NO COMEDOR.

UNHA VEZ CONCEDIDA A BOLSA TEÑEN QUE SOLICITAR A PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR DO COLEXIO.

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h.
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h.
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h.
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h.
Distribuir contido


by Dr. Radut