Mañá, venres, volvemos ao colexio para iniciar o 2º trimestre. Á vista da evolución da pandemia, agárdannos unhas semanas complicadas. Pero estamos seguros/as de que coa súa axuda conseguiremos seguir no bo camiño do 1º trimestre.
Seguiremos cumprindo todos os protocolos COVID de centro e sanitarios e queremos recordarlle a importancia de realizar a auto enquisa diaria antes de mandar aos nenos/as ao colexio. No caso de que mostren síntomas compatibles coa COVID 19, ou si estiveron en contacto con algún positivo na COVID-19, póñanse en contacto co seu pediatra e avisen ao colexio.
Tamén pedimos que nas entradas e saídas ao colexio agarden nas beirarrúas e arredores do colexio a que entren/saian os seus fillos/as mantendo a distancia de seguridade.
Finalmente, nestes meses de frío, ao ter que ventilar cada pouco e aínda que poñemos a calefacción, as aulas non gardan a calor, polo que recomendamos que os nenos/as veñan ben abrigados.
Moitas grazas de antemán pola súa inestimable colaboración.