ANÍMATE A PARTICIPAR NO CONCURSO DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA!
Convidámosche a participar a ti, si a ti, que formas parte do alumnado de 4º, 5º ou 6º de E. Primaria. Grávate un vídeo onde saias ti só/a ou ti con uns amigos/as narrando un conto en voz alta. A historia pode ser inventada ou algunha que coñezas e o vídeo non pode durar máis de 5 minutos. Ollo con iso!
O concurso consta de dúas fases: unha no centro e, se pasas esta fase, outra a nivel galego. Se gañas a fase galega, concederanche un premio de 250 euros a ti e outros tantos ao colexio. E, se quedas segundo/a e o xurado así o estima, consegues 150 euros.
A data límite para entregarnos o vídeo será o luns, 9 de novembro. Podes pasarllo ao teu titor/a nunha memoria USB ou mandárnolo ao correo: ramonparis@edu.xunta.es.