Taboleiro
XUNTAS DE AVALIACIÓN
XUNTAS DE AVALIACIÓN
Entre os días 13 e 14 de decembro levaranse a cabo as xntas de avaliación para o alumnado de primaria.
PAPA NOEL NO PORTOFARO
PAPÁ NOEL NO PORTOFARO
Neste día ás 11.00h, recibimos a visita do PAPÁ NOEL. Con moita ilusión, emoción e poida que algúns choros por ser a nosa primeira vez , os alumnos de infantil esperamos causarlle ao papá Noel unha moi boa impresión.
"SALTIMBANQUIS" polo teatro do Morcego
"SALTIMBANQUIS"
Familia de saltimbanquis de Picaso
Estes días nenos e nenas de primeiro e segundo van ao teatro Rosalia para disfrutar con "SALTIMBANQUIS" un espectáculo musical especialmente adicado aos cativos desta idade, baseado nun conto dos Irmáns Grimm. A obra ten como protagonista un burro que, canso dá explotación e do trato do seu patrón, decide abandoar a granxa e buscar novas e mellores condicións de vida.Esperamos pasalo moi ben coa música e representación do teatro do Morcego.
"ALMORZOS SAUDABLES"
Programa "ALMORZOS SAUDABLES"
Dende o 29 de novembro ao 2 de decembro desenrolarose no colexio entre o alumnado de primaria, o programa "Almorzos Saudables" en colaboración ca Concellería de Asuntos sociais, Sanidade do Concello de Cambre. Dito programa consistirá en que os menores degusten un modelo de almorzo saudable, contando durante esta degustación cunha nutricionista, que de xeito dinámico e participativo, explicará os beneficios dunha alimentación sana.
O luns,29 de novembro faranno os alumnos/as de primeiro e segundo A. O martes, 30 de novembro os alumnos/as de segundo B e terceiros. O día 1 de decembro, cuartos e quinto A, e o 2 de decembro quinto B e sextos. ¡Bo proveito a todos e todas!
CARA AO CAMPO DAS ESTRELAS
CARA AO CAMPO DAS ESTRELAS
Hoxe os alumnos do 2º ciclo asistirán á representación teatral " Cara ao campo das estrelas", unha montaxe de SARABELA TEATRO, na cal a través dun xogo de luces espectacular, un son non menos impresionante e uns persoaxes super divertidos contarannos algunhas das claves que derón orixe ao CAMIÑO DE SANTIAGO.
A actividade ven proposta dentro do programa "O FILLO DO TRONO" cuxo obxectivo é dar a coñecer entre alumons/as a ruta xacobea, os motivos que levan a tantas persoas a camiñar quilómetros e quilómetros ata chegar a Compostela, ou os diferentes medios nos que se pode levar a cabo a peregrinación. Esperamos pasalo moi ben e que poidanos aprender algo máis do CAMIÑO DE SANTIAGO
O Magosto
O venres día 12 o colexio celebrará o tradicional Magosto co típico asado de castañas, concursos de doces e colares. Esperemos que o tempo acompañe.
SAMAIN SAMAIN SAMAIN
e máis e moitos máis
O Castro de Elviña
Os alumnos/as de quinto van hoxe a coñecer O CASTRO DE ELVIÑA,
O Castro de Elviña é un poboado fortificado característico da cultura castrexa . Está situado na parroquia de San Vicente de Elviña, nunha pequena elevación coñecida como o monte dá Zapateira que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro. O castro chegou a ter arredor de 2.000 habitante ala polo ano 50 d C. No ano 1962 foi declarado Monumento Histórico Artístico.
Reunión con nais e pais de Infantil 3 anos
O vindeiro día 7 de setembro ás 10:00 h celebrarase nas aulas de infantil do colexio a reunión anunciada no momento da matrícula. As profesoras informarán de todo o necesario para o comezo de curso: Entradas e saídas, Plan de adaptación, material..., e aclararán dúbidas e cuestóns que vos poidan interesar.
REMATE DO CURSO E ENTREGA DE NOTAS
22 DE XUÑO
REMATE DO CURSO E ENTREGA DE NOTAS
BOA SORTE
E pasalo ben nas VACACIÓNS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »