Taboleiro

ENTROIDO NO PORTOFARO

27/02/2014 10:18
Atlantic/Bermuda

E SEGUE O ENTROIDO NO PORTOFARO

Este  Xoves, día 27 de febreiro, o Meco pídenos:

 
 

"BesoO xoves pola casa buscarás

para poderte disfrazar

roupa vella has traer

para un bo choqueiro ser."Sorriso

ENTROIDO NO PORTOFARO

26/02/2014 10:10
Etc/GMT+1

E SEGUE  A FESTA DO ENTROIDO NO PORTOFARO:

Este Mércores, 26 de febreiro, a nova orde do MECO dinos :

                               Guiño " O mércores ao revés te erguerás

                                    de neno á nena pasarás

                                               ou de nena á neno cambiarás."Sorprendido

ENTROIDO NO PORTOFARO

25/02/2014 00:58
Etc/GMT+1

                     COMEZA O ENTROIDO NO PORTOFARO É POR ISO QUE:

Martes, día 25 de febreiro, o Meco danos a seguinte orde:  

              O martes a túa cara has de transformar

a maquillaxe  hate  axudar

bigotes, lunares, beizos, meixelas e ollos podes pintar.         

O resultado debe ser espectacular!

ENTROIDO NO PORTOFARO

28/02/2014 10:56
Etc/GMT+1

 

HOXE FACEMOS o tradicional DESFILE das nosas comparsas e charangas polo paseo marítimo ata a biblioteca.

A volta no patio seguirá a festa ca música propia da data.

RisaESPERAMOS PASALO MOI BENSorriso

CONCERTO "LA BELLA DURMINTE"

13/02/2014 10:52
Etc/GMT+1

CONCERTO "LA BELLA DURMINTE"

Hoxe, 13 de febreiro, o alumnado do terceiro ciclo ás 09:20h asistirán ao concerto de música clásica que a ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA  dirixida por Andrés Salado ten programado no Pazo da ópera da Coruña.  

 

Neste concerto a OSG e o Centro Coreográfico Galego únense  de novo para chegarnos á máxia do ballet, cunha  selección da obra de Tchaikovsky inspirada no conto “ A bella durminte”  de Perrault.

Visita á fábrica cerámica do CASTRO en Sada

30/01/2014 10:28
Etc/GMT+1

Hoxe , 30 de xaneiro os alumnos de 6ºC visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

                As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.  

Visita á fábrica cerámica do CASTRO en Sada

29/01/2014 10:25
Etc/GMT+1

Hoxe , 29 de xaneiro os alumnos de 6ºA visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

       As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. 

Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada

Visita á fábrica cerámica do CASTRO en Sada

28/01/2014 10:11
Etc/GMT+1

 

 

Hoxe , 28 de xaneiro os alumnos de 6ºB visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fabrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

 

                As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. 

 

Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.  

Obradoiro" TI QUE FAS POLO MUNDO" programa de educación ambiental

29/01/2014 13:00
Etc/GMT+1

Hoxe o alumnado de quinto nivel de primaria participará nun obradoiro de educación ambiental  “TI QUE FAS POLO MUNDO” sobre o tratamento dos residuos no Consorcio das Mariñas.

O obradoiro será impartido por educadores do CEIDA  e propóñense una serie de actividades encamiñadas a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas destas  idades.   Esperamos aprender moito e pasalo ben reCiclando. 

Dïa da paz

30/01/2014 12:32
Etc/GMT+1

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ

Por iso no día de hoxe conxuntamente no patio faremos a lectura do “NOSO MANIFESTO” que foi  elaborado  por todoo alumnado  despois de teren debatido nas respectivas aulas sobre o significado e a  importancia da PAZ.  No manifesto están recollidos os  desexos  dos nosos alumnos para o desenrolo da PAZ entre todos. Despois cantaremos “O himno da alegría”.

 “Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes;  pero non damos aprendido o sinxelo arte de vivir coma irmánsMartín Luther King. Premio Nobel da paz 1964.

Distribuir contido