Taboleiro

Encontro coa ilustradora María Lires

00/00/
Array

   Os alumnos de cuarto A, hoxe, imos a Bibliotaca Municipal de Cambre para estar con María Lires, xenial ilustradora de contos como " Bechos pequerrechos", " O tareco de Sara", e moitos máis. A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas  biblotecas que durante o mes de abril e maio levan a cabo encontros taller de ilustración baixo o t´´itulo de " ABRILUSTRADO.  

Os Bosques

00/00/
Array

  Hoxe estará connosco na aula de usos multiples un contacontos que coa tamática dos Bosques_recordade que estamos no ano internacional dos bosques_amenizará unha actividade dirixida aos nenas e nenos de primeiro e segundo.

Encontro coa Ilustradora María Lires

00/00/
Array

Os alumnos e alumnas de cuarto estamos de noraboa, pois hoxe, 5 de Abril imos á Biblioteca Municipal "Dos Templarios" para estar con María Lires, xenial ilustradora de contos como "Bechos pequerrechos", " O tareco de Sara",  e´moitos máis.


A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas bibliotecas municipais que durante os meses de abril e maio leva a cabo un ciclo de encontros taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de "Abrilustrado".

UNHA TARDE CON ANDREA"

00/00/
Array

 No día de hoxe, 30 de marzo as 12:15h, a compañia de teatro "DINAMO Teatro", representa no noso cole o espectáculo teatral " Unha tarde con Andrea: Lembranzas de igualdade". A actividade está programada para o alumnado de cuarto e quinto de primaria e faise en colaboración coa Concellería de Mocidade e Igualdade do Concello e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio                    

xuntas de avaliación

00/00/
Array

 Os días 14 e 15  deste mes, realizaránse as xuntas de avaliación do segundo trimestre do alumnado de primaria, así mesmo o vindeiro  25 de marzo entregaranse os boletíns de notas a todo o alumnado do colexio. Boa sorte a todas e todos. 

Concertos didácticos

00/00/
Array

PARA OS ALUMNOS DE CUARTO o día 24 de marzo


Para os alumnos de 1º e 2º o día 25 de marzo

MUSEO DE MARÏA JOSÉ JOVE

00/00/
Array

NEste día, 16 de marzo, os nenos/as de sexto imos de visita ao museo da Fundación María José Jove. Alí coas actividades que fagamos coñeceremos algo máis dos pintores e dos cadros da interesante colección de pintura moderna que teñen no museo da Fundación. Os museos tamén son divertido

ENTROIDO NO PORTOFARO

00/00/
Array

O MECO XA ESTÁ NO PORTOFARO


 Un ano mais, o MECO chegou ao Portofaro e ben disposto a volvernos a todos un pouquiño tolos, tanto é así que o mércores , día 3, convidamos a facer un día de praia


"XA que tanto frio vai                                                          


nós viremos de verán


cun gorro, toalla ou gafas de sol                


ou por riba un bañador"


 E por seguir volvéndomos un pouquiño mais tolos, o xoves , día 3 de marzo, convídamos a vir todiños vestidiños de roupa de durmir. Velaí tedes o que nos di


"Que pereza espertar


co ben que se está na cama


o mellor que podemos facer


e vir co pixama, zapatilla ou bata"


  E para rematar moi ben o ENTROIDO o venres, día 4 de marzo, festa e moita comparsa pola ría do Burgo, ás  12:30h  esperamos que veñades a ver o noso DESFILE DE COMPARSAS, este ano adicado “AOS BOSQUES” por ser  o ano 2011 declarado pola ONU “ano internacional dos bosques”. Ese día ademais  de recrear e homenaxear aos nosos BOSques, esperamos divertirnos todos xuntos  e pasalo  moi ben.

Aula de Natureza do Encoro de Abegondo

00/00/
Array

Aula de Natureza do Encoro de Abegondo.

O martes , martes e mércoreses desta semana o alumnado de quinto e sexto visitan a Aula de Natureza do Encoro de Abegondo.  A actividade ten como obxectivo  a de achegarlles aos máis cativos a importancia que teñen os Espazos Naturais Protexidos , neste caso o humedal do Encoro Abegondo-Cecebre. Tamén farán  unha  Ruta de Senderismo Guiada  polo Encoro cun monitor medioambiental,  achegándose a Caseta dos Aneladores e ó Observatorio de Aves. Esperamos aprender moito e disfrutar deste día de contacto coa Natureza

VISITA A LONXA e PORTO DA CORUÑA

00/00/
Array

VISITA A LONXA e PORTO DA CORUÑA

      Hoxe, día 7 de febreiro, os nenos e nenas de 5 anos, van coñecer o porto e  a lonxa da Coruña. Unha das visitas guiadas que propón o Concello Da Coruña dentro do seu programa "Descubrir Coruña". Esperamos que sexa divertido.Guiño Guiño

Distribuir contido