6º Curso

Concurso DEBUXO 'Os Nosos Valores" das Escolas Branquiazuis'

Velequí tedes este fabuloso debuxo premiado no concurso "os noso valores¨convocado polas escolas Branquiazuis en colaboración co xornal " A Opinión".

Noraboa o noso alumno do Portofaro ,Carlos Morente, autor do debuxo , por este estupendo traballo cheo de creatividade e ánimo para o Depor. 

Esperamos que continues creando e disfrutando coa Plástica.  PARABÉNS de todos e todas do ceip Portofaro.

..

DESPEDIDA DE PRIMARIA- 2019_2020

 

Velaquí tedes nestes tres videos os desexos e felicitacións do alumnado 6º na despedida de primaria do curso 2019_2020. Feito en tempo de confinamento.... pois tamén nese tempo houbo moitas ganas de dedicar unhas palabras para eses momentos vividos e inolvidables dos nove anos compartidos. 

NORABOA A TODAS/OS E MOITA SORTE NA ESO.

video1                              VIDEO 2                    VIDEO 3 

 

Taller de electricidade

A continuación tedes este pequeno video onde comprobamos cómo foi e o ben que o pasao o alumnado de 6º de primaria no taller de electricidade que realizou AKI no cole.

Aprenderon entre outras cousas a facer un circuíto electrico, as diferentes lámpadas que hai e o consumo de cada unha delas etc. Moitas grazas

taller electricidade from CEIP Portofaro on Vimeo.

Visita á fábrica cerámica do CASTRO en Sada

30/01/2014 10:28
Etc/GMT+1

Hoxe , 30 de xaneiro os alumnos de 6ºC visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

                As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.  

Visita á fábrica cerámica do CASTRO en Sada

28/01/2014 10:11
Etc/GMT+1

 

 

Hoxe , 28 de xaneiro os alumnos de 6ºB visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fabrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

 

                As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. 

 

Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.  

LAUDAMUCO; SEÑOR DE NINGURES

A continuación tedes un estupendo traballo dos alumnos de 6ºB, festexando as letras galegas do 2013, e máis concretamente, facendo un anaco da obra de Roberto Vidal Bolaño "Laudamuco, señor de ningures". Ademáis dos actores hai que lembrar o fabuloso traballo dos compañeiros de 6ºB, os detrás da cámara, os que prepararon decorados, os que aportaron ideas... toda unha labor de conxunto. Noraboa a todos e todas. 

 

bolaño from CEIP Portofaro on Vimeo.

Chistes 3º ciclo(4)

19/05/2013 17:00
Etc/GMT+1

Chistes 3º Ciclo(3)

19/05/2013 17:00
Etc/GMT+1

Distribuir contido