Ed. Física
Atletismo na Malata
Gran actuación dos equipos do Atlético Portofaro na proba en pista do pasado domingo 27 na malata (Ferrol). Salientar o espírito deportivo de atletas e público felicitacións aos menos rápidos, aplausos para os últimos... Un espectáculo deportivo e educativo con maiúsculas.
Velaquí unha pequena montaxe
Carreira campo a través fase comarcal Circuito dos menhires
O pasado sábado día 20 os equipos benxamíns, alevín e infantil feminino e masculino de Portofaro participaron na fase comarcal do campionato de campo a través. Un día frío, pero espléndido e un marco incomparable (coa torre de Hércules e o mar ao fondo), xa presaxiaban algo bó. E así foi. A pesares de descoñecer o circuito e de competir con clubes de atletismo importantes e con moita rodaxe: Marineda, Riazor, Sada, os e as atletas de Portofaro tiveron unha actuación destacadísima acadando varias clasificacións individuais e por equipos para a vindeira fase así como un lote de medallas e trofeos por equipos. Noraboa a todos eles e aos seus profesores. Velaquí unhas breves mostras do acontecido. Máis información no blogue de Educación Física :Correteando
Xogueteando boletín nº 2
Boletín de Educación Física. Xogueteando nº 2. Un repaso ás actividades feitas desde o Departamento de e. física no curso 2015-2016
Campionato provincial 2016
O sábado 21 en Ribeira a representación do cole de Portofaro rexistrou unha fantástica actuación no Campionato Provincial.
Un día desapacible, que embpezou con chuviscas e rematou con fortyes chaparróns e mesmo parecía que a néboa se viña sobre os participantes. Sobrepoñéndose a todos os contratempos os nosos nenos e nenas fixérono estupendamente mellorando marcas algúns e acadando meritorios postos dentro do que é o Campionato de toda a provincia chegando mesmo a rozar unha medalla de bronce. Bravo equipo!!
Ferrol 2016 Clasificatorias
Cornada de clasificatorias de atletismo en pista. Día desapacible que empezó cunha chuvisca suave e intermitente e acabou con treboada. Pero nada, as nenas e menos de Portofaro, non se arredran polas inclemencias. Saen á pista a pasalo ben, a disfrutar e compartir bos momentos con amigo gos, compañeiros e rivais. Moi bos resultados con mellora en xeral en todas as participacións e categorías. ¡ Bravo, equipo!
Carreiras Narón campo a través e en pista 19 de marzo
Despois dun aprazamento celébrase a a fase provincial de Campo a través en Narón. domingo pola tarde , frío intenso, chuvia e un auténtico barrizal. Mala origanización, pero pese a todo os nenos, coma sempre, o mellor. Ilusionados e inasequibles ao desaliento corren ata sen zapatillas.
https://goo.gl/photos/zdJ5G8554R7nzUFB8
Fantástica a participación do Portofaro en todas as categorías na proba de pista celebrada o Día do Pai.
II carreira do Magosto
O Pasado venres 13 celebrouse no centro, dentro das actividades de conmemoración do Magosto a II carreira do Magosto de Portofaro.
Todos os niveis de Primaria e co debut dos de 5 anos transcorriu unha estupenda xornada deportiva previa á tradicional degustación de tartas, concurso de colares e manualidades e o magosto.
Agradecemos enormemente a colaboración da concellaría de deportes cos seus técnicos Miguel e Alex e a presenza da Sra. Concelleira e Sr. Alcalde.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »