ENDL
Mamacabra en Portofaro
O 11 de maio e dentro do programa de actividades das Letras Galegas 2017 contamos coa fantástica actuación do grupo musical MAMACABRA.
Entre 10 e 1 e en dous pases (un para os pequenos ata 2º de Primaria e outro para os nenos e nenas de 3º a 6º) disfrutamos da actuación de Mamacabra( Guitarra e voz, batería e acordeón). Unha xornada inesquecible na que cantamos e bailamos pequechos e maiores pasándonolo en grande.
Velaquí unha pequena mostra:
Concurso "TES TALENTO"
No vídeo veredes como foi o primeiro concurso "TES TALENTO". Impresionantes actuación.
GRAZAS A TODOS os que participachedes, pasamos unha mañá CHEIÑA DE SORRISAS.
tes talento from CEIP Portofaro on Vimeo.
O GALEGO ESTÁ EN NÓS
O GALEGO ESTÁ EN NÓS
Como xa sabedes un xoves e venres do mes de maio quixemos deixar os nosos desexos para a nosa lingua diante dunha cámara.
Velaí tedes nestes tres vídeos o resultado: poemas, cancións e una morea de grandes desexos de todos as nenas e nenos do colexio, abrindo unha portiña o GALEGO.
Esperamos contaxiarnos desta gran forza soñadora.
O galego está en nós from CEIP Portofaro on Vimeo.
Fala galego non te cortes from CEIP Portofaro on Vimeo.
queremos galego from CEIP Portofaro on Vimeo.
Letras Galegas, 16
O colexio Portofaro celebra o Acto Central da Semana das Letras Galegas. Despois dunha semana de bonitas actividades como: Tes talento; contacontos de grandes a pequenos, murais, monólogos, eslogans a prol do galego, etc xuntámonosno patio e por cursos cantamos cancións en homenaxe ao autor do ano: Manuel María finalizando co Hino Galego
letras_2016 from portofaro2010 on Vimeo.
Correlingua 2016
Portofaro no Correlingua 2016. Día estupendo e 3º premio na categoría de animación. Noraboa
correlingua_2016 from portofaro2010 on Vimeo.
De nenos para nenos 2014-2015
Revista De nenos para nenos 2015: Vol 1: 25 aniversario Vol 2 Escolma de traballos
De nenos para nenos 2013-2014
Este ano continuamos publicando a nosa revista en formato dixital. Nesta ocasión dividímola en 3 volumes para que o visionado sexa máis sinxelo e o proceso de carga das páxinas sexa máis áxil.
No volume 1 facemos un resumo do curso.
No volume 2 presentamos as producións do alumnado de infantil a segundo e tamén algunha de 6º.
No volume 3 incluímos producións do resto dos cursos.
Nesta ocasión tamén podedes imprimir as páxinas que queirades.
Esperamos que vos guste.