ENDL

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Día das Letras 2014: Concertos

19/05/2014 06:39
Atlantic/Bermuda

A parte central do Día das Letras 2014 ocupouna a música. Carmen Rey, nai dun alumno do centro obsequiounos coa interpretación dalgunhas cancións do seu repertorio: No mar, Ollos tristes...  Moitísimas gracias, Carmen

Despois sucedéronse diferentes actuacións á frauta e gaita a cargo do alumnado que foron intercaladas polas presentacións e lectura d epoemas dun grupo de nenas e nenos de 6º.Como fin de festacantmos todos xuntos o hino galego e a saia da Carolina dirixidos por Carmen, a profesora de música. Moitas gracias tamén a ti, Carmen

Paseo pola beira do Mero. Aprendendo na Natureza

18/05/2014 21:13
Atlantic/Bermuda

Unha fermosa actividade. Un paseo polo entorno en contacto coa Natureza que é onde máis se aprende.

Varios momentos do Día das Letras Galegas

18/05/2014 20:05
Atlantic/Bermuda

O acto central do día das Letras 2014 transcurríu con normalidade. Foi un día radiante que nos obrigou a cambiar parte da programación inicial. Pensabamos facer os concertos, lectura de poemas, e entrega de premios no porche, pero o día foi tan bo que o sol caía moi forte e nos puxemos ao abrigo da pista cuberta. 

 

A mañá empezou cunha estupenda actuación dunha parella de artistazos que nos conseguiu a ANPA. Un mago e un músico que xuntos e coa axuda dalgún alumno /afortunado/a foron facendo as delicias de maiores e cativos cos seus trucos. 

Despois do recreo comezou o acto central desprazándonos, como xa dixemos, á pista cuberta.

Velaquí unha mostra dos presentadores/as e algunhas actuacións:

http://www.kizoa.es/Animated-Collage/d1c10518325k4108205o1

Taller de cestería

07/05/2014 19:03
Atlantic/Bermuda

Velaí tedes este vídeo coas instrucións para facer este fermoso cesto con goma eva

Marcapáxinas

31/12/2013 15:21
Etc/GMT+1

Co gallo do Nadal O EDLG organizou unha actividade consistente nun concurso de marcapáxinas cuxos gañadores/as tiveron o premio da edición no prelo do seu deseño

Aquí tedes un pequeno repaso dos seus traballos

 

Magosto 2013

19/11/2013 12:41
Etc/GMT+1

Na semana do 11 ao 15 de novembro celebramos as tradicionais actividades do magosto: concurso de colares e manualidades con froitos de outono, concurso de tartas e doces de temporada e o venres 15 a festa do magosto co asado e degustación de castañas e tartas e a entrega de premios do samaín e magosto.

A continuación podedes ver un pequeno vídeo que recolle algunhas instantáneas de todas estas actividades.

Cantando e Bailando no samaín

04/11/2013 21:00
Etc/GMT+1

Cantando a canción dos monstros

¡Manualidades de medo!

29/10/2013 18:24
Etc/GMT+1

Aqui veredes un pequeno vídeo recollendo as manualidades de medo que fixeron os nenos e as nenas do cole. ¡Arrepiaaaannnteees!, nonsi?

Canción do Samain

Canción do Samain

Revista Escolar 2012-13

Este curso decidimos probar a dixitalizar a nosa revista.
Como este curso temos moitas colaboracións. E moitas delas son videos e enlaces a presentacións ou webs. Decidimos dividir a revista en dous volumes para facilitar o seu visionado.
Grazas a todos os participantes polas súas achegas.

REVISTA ESCOLAR 2012-13. VOLUME 1

REVISTA ESCOLAR 2012-13. VOLUME 2

Distribuir contido