Complementarias
Festival de Nadal
O día 20 no ximnasio do centro tiveron lugar unha serie de actuacións organizadas por Carmen, a profesora de música. Os nenos e nenas de todos os cursos interpretaron os seus villancicos. Tamén houbo interpretacións á flauta e un coro con nenos de varios cursos cantou "En Navidad" Tamén hai que destacar a axuda inestimable de Patricia a profesora de 3º que deixou a todos boquiabertos coa súa voz marabillosa interprestando cos nenos de 3º o Jingle Bells e axudando no coro de En Navidad.
Destacamos ademais das actuacións ilusionadas dos nenos o grande traballo realizado pola profesora Carmen coa axuda de Patricia e a colaboración doutros membros do profesorado.
Aquí van os enlaces das gravacións realizadas (algunha haberá que repetila en xaneiro por problemas técnicos)
Coro Portofaro En Navidad (Rosana)
Sextos Tres reis en bicicleta Jingle Bells
Quintos Pintan as verbas de Paz Jingle Bells
Cuartos Panxoliña detodo o ano (incompleto) Completo
Terceiros (Xa me tardan e Jingle Bells)
Magosto 2018
A pesares do adverso meteorolóxico anunciado que obrigou ao aprazamento da carreirra, puidemos realizar con boa vontade e algunhas adpatacións o tradicional magosto do Portofaro. Os concursos de tartas e doces e outono e manualidades con castañas co éxito acostumado e o tradicional asado e degustación
Estes foron os premiados e premiadas:
1º premio
Marta M. 5 anos A
Martina 1º A
Ainara 3º B
Andrea C. 6º A
2º premio
Noa V 5 anos B
David G 1º A
Amaya V 3º A
Sofía 6º B
3º premio
Isis, Kira e Gema 4 anos A
Nerea M 1º A
Aitana M 4º A
Adrián V. 5º B
Premio Especial ANPA
Ángela V 5 anos B
Roi C. 2º B
Aitor P. 3º B
Mateo 5º B
A continuación enlaces aos traballos realizados
Magosto 2016
Un ano máis celebramos o magosto no Portofaro. Tradicionais manualidades con castañas e deliciosos doces de temporada cos correspondentes premios. Difícil o tivo o xurado.
Tamén e por 3º ano realizamos a carreira do magosto. O tempo non acompañaba e ata o último momento tivemos un ollo nas nubes e outro no meteosat e no radar d eprecipitacións. Finalmente decidimos arriscarnos cos de Primaria (os pequenos quedaron) e só caeron unhas pingueiras que se salvaron refuxiándose o público e os que xa correran ou esperaban baixo a autopista. Os nenos disfrutan dunha xornada diferente e interiorizan os valores duns hábitos saudables e do mellor espírito deportivo: esforzo, compañeirismo, solidariedade e alegría. Houbo entradas da man, esprints emocionantes e participacións simbólicas aínda que fose andando. En fin bonita xornada, pese a todo que proseguiu coa típica festa do magosto, degustando as castañas asadas por Carlos coa colaboración dos nenos e nenas de 6º, a entrga de premios e a cancíon todos a coro do "magosto de Portofaro"
Velaquí unha mostra destas actividades:
Manualidades:
Murais
Tartas:
Premios:
Festa:
Carreira:
Correlingua 2016
Portofaro no Correlingua 2016. Día estupendo e 3º premio na categoría de animación. Noraboa
correlingua_2016 from portofaro2010 on Vimeo.
Observación astronómica
O venres 15 celebrouse unha actividade de observación astronómica coordinada pola Agrupación astronómica coruñesa Ío na que máis de 150 alumnos do centro xunto coas súas familias puideron disfrutar da observación da lúa e outros astros.
O tempò acompañou e entre as 20:00h e as 22:30 contamos cun ceo despexado que nos permitiu contemplar o hexágono de inverno con Rigel, Aldebaran, Capella, Pollux/Castor, Procyon e Sirius e Betelgeuse
As miradas dos pequenos ían máis alá de Orión desatando a súa imaxinación e centos de preguntas que non se puideron respostar completamente polo que queda no noso ánimo continuar noutra ocasión cunha segunda parte desta actividade que se artellará máis adiante.
O noso agradecemento a todos os membros da Agrupación Ío pola súa iniciativa, o seu trato e o seu interese en transmitir aos pequenos o seu amor pola ciencia e o universo.
Moitas grazas tamén ao concello pola súa colaboración atendendo a nosa demanada de apagar as farolas cercanas para reducir por un par de horas a contaminación lumínica na zona o que contribuiu enormemente a unha óptima observación