Observación astronómica
O venres 15 celebrouse unha actividade de observación astronómica coordinada pola Agrupación astronómica coruñesa Ío na que máis de 150 alumnos do centro xunto coas súas familias puideron disfrutar da observación da lúa e outros astros.
O tempò acompañou e entre as 20:00h e as 22:30 contamos cun ceo despexado que nos permitiu contemplar o hexágono de inverno con Rigel, Aldebaran, Capella, Pollux/Castor, Procyon e Sirius e Betelgeuse
As miradas dos pequenos ían máis alá de Orión desatando a súa imaxinación e centos de preguntas que non se puideron respostar completamente polo que queda no noso ánimo continuar noutra ocasión cunha segunda parte desta actividade que se artellará máis adiante.
O noso agradecemento a todos os membros da Agrupación Ío pola súa iniciativa, o seu trato e o seu interese en transmitir aos pequenos o seu amor pola ciencia e o universo.
Moitas grazas tamén ao concello pola súa colaboración atendendo a nosa demanada de apagar as farolas cercanas para reducir por un par de horas a contaminación lumínica na zona o que contribuiu enormemente a unha óptima observación
- APIs de Blogue
- Calendario